A Fundación GNOME, co apoio de Endless (organización composta por compañías, iniciativas e esforzos filantrópicos coa misión de axudar aos nenos para tomar o control dos seus mundos dixitais), anunciou o Coding Education Challenge, un concurso destinado a atraer proxectos que ofrezan a educadores e estudantes novas e innovadoras ideas para ensinar a codificar con software libre e de código aberto.

Conta con $500,000 de financiamento para os premios, que serán outorgados aos equipos que avancen a través das tres etapas da competición.

Os individuos e os equipos serán xulgados a través de tres niveis na competición. Vinte gañadores serán seleccionados dunha convocatoria aberta de ideas e cada un recibirá $6,500.

Os gañadores pasarán a unha rolda de probas de concepto e construirán un prototipo que funcione. Cinco gañadores desa rolda recibirán 25.000 dólares e pasarán á rolda final, onde converterán o prototipo nun produto final.

O gañador final recibirá un premio de $100,000 e o segundo produto un premio de $25,000.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This