A Fundación Eclipse ven de liberar a especificación Jakarta EE 8. Trátase da definición libre de Java enfocada ao ámbito empresarial, o nome de Jakarta ven dado porque Oracle ten os dereitos sobre a marca Java pese a que a especificación a doase á Fundación Eclipse.

Esta especificación é unha definición completa que abarca a plataforma EE mediante a cal se detalla a plataforma estándar para aloxar aplicacións Jakarta, o perfil web, os kits de compatibilidade tecnolóxica etc. A especificación completa pode verse na páxina web do proxecto.

Jakarta EE trátase da alternativa completamente libre á plataforma de Oracle e que fornece una plataforma de desenvolvemento empresarial de aplicacións Java. Esta nova versión é compatible coa da mesma numeración de Java (incluídas as APIs e a documentación) facilitando así a migración de aplicacións xa desenvolvidas na plataforma empresarial de Oracle e ofrecendo unha independencia tecnolóxica e de fornecedor para as aplicacións desenvolvidas con esta tecnoloxía alén de que a especificación é aberta e xestionada pola comunidade onde todo o mundo pode contribuír.

Pin It on Pinterest

Share This