A FSF ten novo presidente

Martes, 11 Agosto 2020

Geoffrey Knauth foi escollido como presidente da fundación do software libre (Free Software Foundation). A escolla foi anunciada pola propia fundación a través da súa páxina web.
Geoffrey Knauth é profesor de informática e un dos fundadores do proxecto GNU Objective-C e con un grande compromiso polo software libre, pois xa leva formando parte da directiva da fundación dende hai 30 anos e pasa agora a ser o sucesor de Richard Stallman logo da súa dimisión de hai case un ano.
Outro dos anuncios da FSF foi a incorporación de Odile Bénassy, a líder do proxecto GNU Edu, á directiva que fai historia por ser a primeira persoa europea membro da directiva.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal