No mes de outubro de 2020 a Free Software Foundation (FSF) cumpre 35 anos.

A FSF comentou:
“O noso traballo non estará terminado ata que cada usuario de computadora sexa capaz de facer todas as súas tarefas dixitais con total liberdade, xa sexa nun escritorio, nun portátil ou na computadora do seu peto. A loita polo software libre continúa, e non estariamos aquí sen vostede.”

Nunha sociedade cada vez máis tecnolóxica e dependente da tecnoloxía, que esta sexa aberta, libre e respectuosa coas persoas que a utilizan é unha tarefa titánica. Se queredes colaborar coa FSF no seu aniversario, tedes nesta web varias propostas para poder facelo.

Máis información na web da fsf

Pin It on Pinterest

Share This