Dispoñible Ardour 6.7 (estación de traballo de son dixital para producir, crear e mesturar son), nova versión que chega con correccións de erros, melloras no deseño e un par de novas características.

Novas características: nova xanela de gravación que ofrece unha vista simplificada da liña de tempo de son de diferentes fontes. As entradas de hardware poden ser renomeadas con nomes máis amigables como “Micrófono de guitarra” que se mantén en todas as sesións.

Novo preaxuste Streaming para a exportación (define os valores predeterminados correctos para os servizos de streaming, especialmente os niveis de sonoridade).

Permitir a importación de marcadores SMF (MIDI) como marcadores globais.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This