Este sábado 3 de novembro, no Centro Socio Cultural Casas Baratas de Mugardos, a asociación Comunidade O Zulo organiza unha Xornada de Software e Cultura Libre e Autoxestionada.

En xornada de tarde, entre as 17:00 e as 20:00, poderemos asistir, de xeito gratuíto, a tres palestras:

  • 17:30 – Introdución a web mapping, a cargo de Christian López
  • 18:15 – Proxecto GaliciaCorre.es, con Diego
  • 19:00 – “QGIS para non informáticos: una introdución a súa aplicación en entornos mariños”, de parte de Sergio Permuy

Na páxina principal do evento poderedes atopar máis información sobre como chegar ao evento así como contacto ante calquera outra dúbida que sexa preciso resolver de xeito rápido.

Pin It on Pinterest

Share This