Spring, curtametraxe animada de fantasía, producida recentemente pola comunidade Blender e utilizada para probar e mellorar as novas características que traerá a próxima versión 2.8 de Blender, software libre e de código aberto 3D para modelado, animación, renderización, composición e edición de vídeo.

A curta dura 8 minutos e está destinada a un público a partir dos 6 anos.

Todos os personaxes e os arquivos .blend están dispoñibles baixo a licenza Creative Commons – Atribución.

O vídeo está dispoñible en youtube.

Máis información:
https://cloud.blender.org/p/spring/

Pin It on Pinterest

Share This