Mancomún

A cidade de Roma remata a migración a LibreOffice

Mércores, 22 Agosto 2018

Como xa temos anunciado no portal de Mancomún con anterioridade, nesta nova hai cerca de un ano e nesta outra hai case dous, Roma aposta polo software libre baixo os argumentos de pluralismo, continuidade, interoperatibilidade, dispoñibilidade do código, transparencia e respeito da privacidade con ánimo de garantir que a administración pública empregue estándares abertos tanto para os datos coma os documentos, a independencia de cara a poder cambiar de fornecedores de solucións, conservar a propiedade dos datos e do software e a posibilidade de auditar e verificar o correcto funcionamento dos sistemas.

Nesta ocasión facemos eco de que a cidade de Roma acaba de rematar a migración das computadoras dos seus 14.000 empregados da solución ofimática Microsoft Office a LibreOffice.
A instalación da nova solución xa se comezou a realizar en abril, para que así os seus empregados se poidan ir familiarizando con esta ferramenta. A día de hoxe a solución LibreOffice está presente no 95% dos equipos informáticos e o proceso de migración conta con 112 membros do persoal partidarios do uso do software libre que están encargados de ir convencendo aos seus compañeiros para que se vaian cambiando ao software libre mediante explicacións e argumentos a favor así como mediante formación entre colegas, pois estes pioneiros foron os primeiros que se formaron en LibreOffice para posteriormente instruír ao resto de traballadores.

 

Fonte: https://joinup.ec.europa.eu/news/champions-league

Foto: Oliver-Bonjoch

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal