A cidade de París avoga polo uso do software libre nos servizos públicos mediante LUTECE

Martes, 2 Xaneiro 2018

Os servizos públicos da cidade de París locen portais webs con tecnoloxías libres. Así nolo fixo saber Pierre Levy na súa presentación titulada OSS in Big Cities, The case of Paris durante o Paris Open Source Summit de 2017. Nesta presentación cóntanos que París foi a primeira administración pública francesa en liberar a súa plataforma de xestión de contidos (CMS). LUTECE viu a luz no ano 2002, e dende aquela empregárono outras administracións públicas.

No caso concreto de París, empregan software libre para diversos servizos públicos, participación cidadá no goberno municipal, portal de información e comunicación municipal, xestión de infraestruturas, pago de impostos…
Pierre Levy argumenta tamén na súa presentación porqué o software libre é unha boa oportunidade para as cidades grandes como París, destacando que son unha forma excepcional de innovar e de ter o control da túa propia tecnoloxía sen estar atado a ningunha solución propietaria e dependente. A maiores disto tamén nos comenta que o software libre déixache decidir en que investir os recursos tecnolóxicos e dun xeito máis consciente. E xa dende un punto de vista máis global tamén argumenta que todas as cidades soen ter necesidades moi parecidas, polo tanto, poden compartirse esforzos e desenvolver solucións que sirvan para todas.

A solución que se desenvolveu en París, LUTECE está licenciada baixo a licenza BSD de 3 cláusulas. É un sistema xestor de contidos, tamén coñecido como CMS, do inglés Content Management System. Esta ferramenta está desenvolvida coa tecnoloxía Java Enterprise e ten un núcleo central coas súas APIs e ao redor deste núcleo, e facendo uso desas APIs, pódense desenvolver complementos. De feito hai sobre uns 500 plugins a día de hoxe que fan posible a adaptación desta plataforma ás distintas peculiaridades e distintos servizos ofrecidos polas administracións que empregan esta solución.

O código fonte deste proxecto pode atoparse en github, onde tamén hai documentación diversa.

Fonte: Joinup. Fotografía de Zinneke.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal