Tras varios escándalos de seguridade, a Casa Branca decidiu converter a seguridade do software nunha prioridade. A institución decidiu unirse coa Open source Security Foundation (OpenSSF) e The Linux Foundation para pedir 150 millóns de dólares cos que financiar durante os próximos dous anos a resolución dos maiores problemas de seguridade do software libre.

O programa impulsado pola OpenSSF e The Linux Foundation busca alcanzar estes obxectivos:
– Ofrecer formación e unha certificación básica sobre o desenvolvemento de software seguro.
– Establecer un panel de riscos público.
– Acelerar a adopción das firmas dixitais nas versións do software.
– Eliminar moitas vulnerabilidades mediante a substitución das linguaxes que non son seguros a nivel de memoria.
– Establecer o equipo de resposta a incidentes da OpenSSF.
– Acelerar o descubrimento de novas vulnerabilidades por parte dos mantedores e expertos.
– Realizar unha vez ao ano revisións e auditorías do código de terceiros.
– Coordinar o intercambio de datos en toda a industria.
– Mellorar as ferramentas e a capacitación na Declaración de Materiais por Software (SBOM) para impulsar a súa adopción.
– Mellorar as dez ferramentas de código aberto máis críticas.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This