A Aula TIC-PEME da USC incorpora WebHuddle

A Aula TIC-PEME da USC vén de incorporar unha nova ferramenta Open Source. Neste caso, trátase do WebMinar denominado WebHuddle.

Coñécese como “Webminar” (entre outros termos, como online meeting, webmeeting, live web conferencing, etc.) a un tipo de software con interface web popularizado no contorno empresarial, que permite a unha persoa organizar a través de Internet unha reunión virtual entre un grupo de xente determinado. Estes programas integran unha serie de ferramentas de comunicación fundamentalmente sincrónicas (audio streaming, chat, vídeo, pizarra electrónica compartida, escritorio remoto compartido, etc.) para facilitar a interactividade entre os asistentes.

Un exemplo de utilización de WebHuddle atopámolo no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), como pode verse no enderezo http://webminar.cesga.es.

Unha aplicación deste tipo ten múltiples utilidades empresariais:

  • Reunións de traballo a través da Web
  • Actividades de Marketing
  • Eventos de demostración dun produto
  • Venta interactiva
  • Formación de empregados interactiva
  • Soporte post-venta e xestión de incidencias
  • Entorno de comunicación instantánea
  • Entorno de traballo compartido
  • Etc.

WebHuddle pódese descargar en sourceforge.

Fonte: Aula TIC-PEME da USC.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal