• A AMTEGA en colaboración coa Rede Galega Contra a Pobreza organizan un ciclo formativo de solucións libres.
  • Dende o 10 de setembro o Centro Demostrador TIC acollerá diferentes obradoiros de solucións libres orientadas ás entidades do terceiro sector.
  • O ciclo culminará o 22 de outubro cunha Xornada de experiencias de uso de Software Libre para o Terceiro Sector para a que está aberto o prazo de envío de proposta de participación ata o 14 de setembro.

A Amtega, en colaboración coa Rede Galega Contra a Pobreza, organizan un ciclo formativo sobre diferentes solucións libres orientadas ás entidades do terceiro sector. Este ciclo constará dun total de 35 horas de formación repartidas en 6 obradoiros prácticos sobre diferentes solucións libres e 2 obradoiros de desenvolvemento sobre o xestor de contidos Drupal e rematará cunha xornada de presentación de experiencias de uso de software libre no terceiro sector.
Xornadas de Software Libre para o Terceiro Sector
O obxectivo deste ciclo de obradoiros é achegar as posibilidades que ofrece o software libre ao terceiro sector, dun modo práctico a través da presentación de casos de éxito. Así presentaranse solucións para a creación de portais webs, para a participación colaborativa a través da web, para a compartición de  ficheiros na nube, para a xestión de asociados e captación de fondos e falarase sobre a importancia dos datos xeográficos libres para as actuacións sobre o terreo.

Xa e posible inscribirse nos obradoiros que se organizan no mes de setembro a través da web do CDTIC:

  • 10-09-2015 Coñece que pode facer o software libre pola tua asociacion (3.5h)
  • 15-09-2015 Desenvolvemento de portais web con Drupal, nivel básico (7h)
  • 17-09-2015 Monta a web da túa asociación con WordPress (3.5h)
  • 22-09-2015 Desenvolvemento de portais web con Drupal, nivel avanzado (7h)
  • 24-09-2015 Ferramentas libres de participación, colaboración e toma de decisións en rede dispoñibles para o 3º sector (3.5h)

En outubro están programados os seguintes curs

  • 01-10-2015: OpenStreetMap: a potencia dos datos xeográficos libres nas actuacións no terreo.
  • 08-10-2015: Owncloud compartindo os arquivos na túa nube de forma autónoma.
  • 15-10-2015: CiviCRM xestionar a captación de fondos e comunicación cos asociados.

Os cursos celebraranse nas instalacións do CDTIC durante as tardes de todos xoves dende o 10 de setembro ao 15 de outubro, e os martes 15 e 22 de setembro en xornada completa.

Os obradoiros dos xoves están dirixidos responsables, persoal e persoas voluntarias de asociacións ou entidades do terceiro sector interesados na implantación de ferramentas para a mellora tecnolóxica.

A adopción das TIC por parte de organizacións de pequeno e mediano tamaño non sempre é doada, debido moitas veces á escaseza de recursos económicos e humanos. O software libre polas súas características técnicas, pola súa adaptabilidade, modularidade, e sobre todo polas características ético-filosóficas que comparte co terceiro sector así como a crenza no traballo colaborativo e en comunidade, é un perfecto aliado para este tipo de organizacións.

Así, o vindeiro 10 de setembro, en horario de 17:00 a 20:30, iniciarase este ciclo co Obradoiro "Coñece que pode facer o software libre pola tua asociación" que revisará solucións de software libre para o terceiro sector. Este primeiro obradoiro pretende contribuír a incrementar o coñecemento do software libre, da súa ética e de casos de éxito de uso do mesmo, de forma que permita disipar os medos e vencer as resistencias que poidan estar freando a súa implantación e uso no terceiro sector. Ademais poderá seguirse tamén a través das aulas da rede Cemit, para o cal só debe contactar coa súa aula máis próxima para indicar o seu interese en asistir.

Os obradoiros de Desenvolvemento de portais web con Drupal, nivel básico e nivel avanzado, están dirixidos a persoal técnico de asociacións ou entidades do terceiro sector interesados no desenvolvemento de webs co xestor de contidos Drupal. Terán lugar os martes 15 e 22 de setembro, respectivamente, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 18:30 horas.

Pin It on Pinterest

Share This