Os voluntarios de Proxecto Trasno levan moitos anos colaborando coa Fundación Mozilla e froito dese traballo todos os usuarios temos dispoñible o navegador de Internet Firefox en lingua galega, sempre ao día coa última tecnoloxía da Web. Common Voice Nos vindeiros...
O Proxecto Trasno acaba de rematar a primeira tradución completa de Discourse na súa actual versión de desenvolvemento 2.7.0-beta3. A memoria de tradución, en formato estándar XLIFF está á vosa disposición no repositorio de Trasno.gal (licenza libre GNU v2): 54284...
A pasada fin de semana tivo lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra a décimo primeira edición do Culturgal, Feira das Industrias Culturais. Dentro da grande oferta de actividades, compre que neste foro destaquemos a presenza da asociación Proxecto Trasno quenes, xunto...
O evento, chamado “Edita ‘pa diante!“, terá lugar o venres 16 na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra, comezará ás 9:30 e estenderase aproximadamente ata as 20:00 horas. Trátase dun Hackfest ou maratón entorno ao proxecto...
Recentemente a OSL fixo un esforzo para localizar o proxecto Focus para Android ao galego. Focus é un navegador para Android desenvolvido por Mozilla e enfocado na navegación privada. Gracias ao esforzo da OSL, repartido en sendos commits (1 e 2) no repositorio...
O proxecto Trasno, que é un proxecto que se adica a traducir software libre ao galego, acaba de anunciarnos a nova versión de Hunspell para o galego, a versión 18.07 “Francisco Mirás”. O corrector ortográfico Hunspell é un corrector ortográfico libre que...
A versión 61 do navegador Firefox xa está dispoñible para a súa descarga, tanto en galego coma en castelán. Esta versión conta con novidades como a mellora na xestión de motores de procura ou o cargamento previo de lapelas e outras que se poden ver na nota da...
O proxecto GNOME acaba de presentar a súa nova versión 3.28 completamente traducida ao galego polo equipo de tradución de GNOME ao galego que forma parte da asociación Trasno. Este equipo de tradutores tamén publicou os recursos lingüísticos derivados das tarefas de...
Logo da publicación de GNOME 3.24 o Grupo de tradución de GNOME ao Galego tamén anuncia a publicación dos produtos finais en forma de recursos lingüísticos derivados das traducións de GNOME 3.24 de tal forma que todos outros tradutores da comunidade poidan aproveitar...
]Project-Open[ ou ]PO[ é un completo ERP orientado a proxectos de propósito xeral, amplamente configurábel e orientada a proxectos e servizos, non a produtos.
Aínda que é un ERP de propósito xeral, ]PO[ ten diversas solucións que cobren diversos sectores máis específicos:
]project-translation[ é unha solución para pequenas e medianas empresas de tradución.
]project-consulting[ para consultoras cunha intranet como plataforma colaborativa, xestión de proxectos, fluxos de traballo e xestión do coñecemento.
]project-agency[ é unha solución para axencias de publicidade e Internet que optimiza a xestión dos recursos internos da empresa.
]project-lifecycle[ é unha solucións para PLM (“product lifecycle management”:xestión do ciclo de vida dos produtos) para enxeñaría e empresas de produción industrial.
Algúns dos módulos principais que compoñen este ERP son:
Módulo de finanzas para o seguimento e avaliacións dos resultados
Xestión de relacións cos clientes (CRM)
Xestión de provedores
Xestión de recursos humanos (HRM)
Xestión de bases de datos do coñecemento
Business Intelligence
Xestións de contidos
Módulo de integración con outros aplicativos.
etc…
Segundo a súa propia páxina web, ]PO[ é usado por máis de 32.000 usuarios.
Podes atopar unha versión de demostración na seguinte ligazón:http://pcdemo.dnsalias.com/