Actualidade

Un total de 437 resultado(s) para Empresa

Como establecer e como usar unha licenza de software libre e que implicacións ten para a miña empresa

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) a través do Centro Demostrador TIC (CDTIC) organiza o curso de Como establecer e como usar unha licenza de software libre e que implicacións ten para a miña empresa. Neste curso explicarase que é unha...

TICgal convertese en partner oficial de Teclib´ para la promoción e mellora do software libre GLPi

TICgal, Pontevedra empresa de tecnoloxía, converteuse en socio da Teclib ‘ en España para a promoción e mellora da GLPI, unha solución de xestión de servizo gratuíto de tecnoloxía da información, usado por moitas empresas internacionais para a automatización e...

Ubuntu prové dun servizo de actualización en quente para actualizacións de seguridade

Canonical anunciou a posibilidade de actualizar de forma dinámica o kernel de Linux para Ubuntu mentres que se está a executar sen necesidade de reiniciar o equipo informático. Trátase de unha característica moi interesante para aplicar actualizacións de seguridade en...

Celebración do Web Engines Hackfest 2016

Portada web do Webkit Hackfest

Durante estes días estase a celebrar na cidade de A Coruña a 8ª edición do Web Engines Hackfest 2016, evento que conta cunha importante presencia internacional dos actores máis representativos no panorama da construción de plataformas web. Persoal técnico das compañías e organizacións como Apple, Collabora, Goggle, Huawei, Mozilla e Red Hat participan estes días nun encontro con marcado formato informal onde os asistentes mesturan pequenas charlas e relatorios con traballos intensivos en pequenos grupos, xera un extraordinario trabase de coñecementos entre os asistentes acercando puntos de vista sobre os portings de WebKit, Multimedia, Media Source, Streams API, Layout, MathML, Graphics, Fonts, Servo, Epiphany.

Prestashop incorpórase á oferta de aplicacións do CDTIC Virtual

  • A partir de hoxe, martes 20, as empresas interesadas poderán probar este sistema de comercio electrónico e coñecer as súas características a través do CDTIC Virtual.
  • O 22 de setembro o CDTIC celebra ademais unha sesión demostradora sobre Prestashop
  • Para acceder a este servizo só é preciso rexistrarse como profesional ou empresa na web do CDTIC

O Centro Demostrador TIC da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) amplía a oferta de aplicacións libres no seu servizo de CDTIC Virtual coa incorporación do sistema de comercio electrónico Prestashop, que estará dispoñible a partir de hoxe, 20 de setembro.

Captura de pantalla de Prestashop

Esta ferramenta, de código aberto e libre distribución, empregada na actualidade para o funcionamento de máis de 250.000 tendas en liña, destaca pola súa simplicidade e aplicabilidade tanto para grandes establecementos como para empresas de reducida dimensión.

Ademais, o xoves 22 de setembro celebrarase a sesión demostradora “Proba a túa tenda en internet xa con Prestashop na nube do CDTIC” en horario de 16.00 a 20.00 horas e impartida pola empresa Hacce Soluciones TIC. As persoas intersadas en asistir a esta sesión, de carácter gratuíto como todas as actividades do CDTIC, só precisan rexistrarse como usuarios do CDTIC e inscribirse na sesión.

Pax. 1 de 4412345...102030...Último »

Pin It on Pinterest