Como cada novembro, a asociación Bricolabs organiza a  Open Souce Hardware Demonstration. Mañá sábado día 11 daranse cita no Museo Domus na Coruña participantes e asistentes de todas as idades para desfrutar dunha xornada divertida e creativa.

A OSHWDem é unha feira tecnolóxica na que todos os proxectos son libres. Tanto as especificacións como esquemas e código fonte son postos a disposición pública, deste xeito calquera persoa poderá obter, estudar, entender, replicar e incluso estender os devanditos proxectos de xeito que se maximice a difusión dos coñecementos a todos os niveis da sociedade. Existe unha grande variedade de proxectos os cales versan sobre tecnoloxías tan diversas como a robótica, arte, Internet das cousas, electrónica, hardware, software ou calquera combinación das anteriores que se nos poida ocorrer.

Un dos pratos fortes da xornada é a competición de robótica. Tanto co noso proprio robot, como sendo espectadores, poderemos desfrutar de como os participantes resolven complexos labirintos, enfróntanse en loitas de xeito autónomo ou fan carreiras. Aquí está o formulario para a inscrición no concurso.

Este ano poderemos desfrutar de máis de 150 proxectos Open Source e da presenza de 120 makers, chegados dende todos os puntos da xeografía española e europea. A OSHWDem é unha oportunidade sen igual en Galicia para ter contacto cos desenvolvedores deste tipo de proxectos.

A entrada é libre, de balde e apta para todos os públicos. As actividades darán comezo a redor das 10:00 horas no Museo Domus, na Coruña e a clausura terá lugar aproximadamente as 20:00. Poderemos desfrutar das seguintes actividades:

Exposición de proxectos: 10:00 a 20:00 (ininterrompido)

Competicións: https://oshwdem.org/inscripcion-competiciones-2017/
Labirinto (10:30)
Segue-liñas (12:30)
Velocidade: (13:30)
Sumo Robot: (16:00)
Combate: (17:00)
Hebocon: (18:00)

Talleres e Charlas: (https://oshwdem.org/inscripcion-talleres-oshwdem-2017/)
Taller: EchidnaShield (10:30)
Charla-Demo: FPGAs libres (16:00)
Charla: Robótica de competición (18:00)
Charla: Robots con patas (19:30)

A OSHWDem non termina este sábado. Os próximos fins de semana haberá máis talleres aos que poderás apuntarte a partir do domingo ás 21:00. Así por exemplo o venres 24 e o sábado 25 bricolabs impartirá os obradorios “Obradorio de robots móviles con Sapoconcho” e “Obradoiro de iniciación á Soldadura e Programación con Arduino (B.A.T.S.)” dirixidos a maiores de 12 anos e adultos de calquera idade, que forman parte das actividades que Bricolabs desenvolve grazas á colaboración coa Amtega ao abeiro do convenio de colaboración para a difusión de software e hardware libre en Galicia.

Toda a información destes e outros obradoiros está dispoñible na páxina web do evento.

Pin It on Pinterest

Share This