O día dos datos abertos é unha celebración anual dos datos abertos ao redor do mundo. Grupos de todo o mundo crearán eventos locais que utilizarán datos abertos nas súas comunidades para crear aplicacións, visualizacións, liberar datos ou publicar análises. Todos os traballos realizados son abertos para poder reutilizarse.

No Día dos datos abertos 2021, o enfoque estará en catro áreas claves que os datos abertos poden axudar a resolver:
– Datos ambientais
– Rastrexo de fluxos de diñeiro público
– Mapeo aberto
– Desenvolvemento equitativo

OpenData day con Rafael R. Gaioso

Hoxe contamos coa colaboración de Rafael Rodríguez Gaioso, presidente da Asociación Melisa, entidade encargada da organización do OpenData day 2021 – A Coruña. Con Rafa vamos a mergullarnos neste mar de datos abertos, para intentar chegar a bo porto.

Enlaces mencionados no programa

OpenData Day 2021 – A Coruña
https://odd2021acoruna.gitlab.io/

Cidades abertas
https://cidadesabertas.gal/
https://ciudadesabiertas.es/

Trafair
http://campusvida.usc.es/en/trafair-a-new-project-to-study-the-impact-of-traffic-on-air-quality/

Datos aberto xeográficos (INSPIRE)
https://inspire.ec.europa.eu/inspire-directive/2

Directiva Europea de Datos Abertos: ‘Open Data Directive’ (Directive (EU) 2019/1024) entered into force on 16 July 2019
https://ec.europa.eu/digital-single-market/en/european-legislation-reuse-public-sector-information

Persoas e entidades mencionadas relacionados coa liberación de datos
https://twitter.com/lipido
https://twitter.com/DadosdeLaplace
https://civio.es/

As músicas usadas neste programa foron:

– Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY
License: http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/
– Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)

Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast

E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).
En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.
A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.

Pin It on Pinterest

Share This