A OSHWDem 2020 tivo lugar o pasado 7 de novembro, ao longo de todo o día e en formato en liña por primeira vez na súa historia.
Hoxe, contamos novamente con Iraisy Figueroa (coa que xa charlamos noutras ocasións sobre nenos e tecnoloxías libres). Iraisy é Enxeñeira Técnica Industrial, moi relacionada co mundo maker galego e unha das principais organizadoras da OSHWDem, xunto a outros compañeiros de Bricolabs e entidades. Queremos facer un repaso a esta feira de tecnoloxías e hardware libres tan interesante e coñecer mellor ás persoas que axudaron a que leve a bo termo.
Repaso da OSHWDem 2020
Enlaces mencionados no programa
– Bricolabs
https://bricolabs.cc/
– OSHWDem
https://oshwdem.org/
As músicas usadas neste programa foron:
– Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY
License: http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/
– Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)
Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast
E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).
En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.
A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.