OpenStreetMap (coñecido polas siglas OSM) é un proxecto colaborativo para crear mapas editables e libres. Os mapas créanse utilizando información xeográfica de diferentes fontes, podendo capturala directamente con dispositivos GPS móbiles, usando ortofotografías creadas con drons, helicópteros, satélites e tamén obtendo a información doutras fontes libres.

En anteriores programas xa falamos de OpenStreetMap. Hoxe vamos profundizar noutros aspectos deste gran proxecto colaborativo con Miguel Branco.

Enlaces mencionados no programa

– OpenStreetMap
https://www.openstreetmap.org

– Maps.me
https://maps.me

– openeventmap.net
https://www.openeventmap.net

– QGIS
https://www.qgis.org/es/site/

– vespucci
https://vespucci.io/

As músicas usadas neste programa foron:

– Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY
– Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)

Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast

E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).
En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.
A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.

Pin It on Pinterest

Share This