Empezamos o ano con Brais Arias e Francisco Puga (desenvolvedor en iCarto) falando dalgúns cambios importantes que nos traerá este 2020, relacionados co mundo do software libre e o código aberto.

Cambios que traerá o 2020 no software libre

Varios proxectos importantes abandonarán o soporte de versións antigas como Python (que deixa de dar soporte a Python 2), e outros proxectos cambian partes importanes de software que estaban a empregar ata agora como Hyperbola (que se pasa a BSD) ou XFCE (que deixa GTK2).

00:16 – Presentación
00:57 – Falando sobre Python
06:29 – Cambios en Hyperbola
07:40 – Cambios en Xfce
08:34 – Alternativas para o fin de soporte de Windows 7
10:59 – Recomendacións para usuarios e empresas pequenas na migración a sistemas GNU/Linux
12:14 – Despedida

As músicas usadas neste programa foron:

– Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY

Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast

E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).
En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.
A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.

Pin It on Pinterest

Share This