Entre o 12 e o 14 de marzo, terá lugar a 1ª Edición da Cume “Software Libre e Educación”, que está a organizar a Asociación de Software Libre GNU/Linux València coa colaboración das Naves.

Cume Software Libre e Educación, 1ª Edición

Coa idea de que “o alumnado debe coñecer as alternativas libres ao Software que lle rodea, así como as razóns humanitarias que o sustentan”, a organización saca adiante estas xornadas tan interesantes. Sen esquecer tamén de promocionar o uso das alternativas libres e facer difusión entre o gran número de docentes e profesores que inda non as coñecen.

Vai contar cun invitado especial: Richard M. Stallman, fundador do movemento do software libre, do sistema operativo GNU, da Free Software Foundation e defensor acérrimo da Cultura Libre.

Programa

Tedes toda a información do programa na ligazón:
https://gnulinuxvalencia.org/1a-cumbre-software-libre-y-educacion/

Venres, ás 17.00
Conferencia: La era de la digitalización en las aulas
Conferenciante: Javier Sepúlveda (GNU Education, GNU/Linux València)
Idioma: Español

Sábado, ás 17.00
Mesa redonda: Software Libre y Educación en la Comunidad Valenciana.
Participantes: Richard M. Stallman, Baltasar Ortega, David Montalva, Raul Rodrigo, Ricardo Nutz.
Idioma: Español

Domingo, ás 17.00
Conferencia: El Software Libre, la Libertad y la Educación
Conferenciante: Richard M. Stallman
Idioma: Español

Domingo, ás 18:45
Richard M. Stallman presentará a reedición en español do libro «Software para una Sociedad Libre»

As charlas serán gravadas e colgadas para poder verse posteriormente.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This