15as Jornadas Internacionales gvSIG

Xoves, 31 Outubro 2019

As “15as Xornadas Internacionais gvSIG” terán lugar do 6 ao 8 de novembro na Escuela Técnica Superior de Ingeniería Geodésica, Cartográfica y Topográfica (Universitat Politècnica de València, España).

As xornadas son un dos encontros máis importantes que se celebran en España relacionadas coa xestión de información xeográfica.

Durante as xornadas terán lugar charlas, talleres e terase a oportunidade de intercambiar experiencias cos asistentes.

gvSIG

gvSIG é un proxecto de desenvolvemento de software para Sistemas de Información Xeográfica baseado en software libre.

gvSIG Desktop foi o primeiro software que se desenvolveu dentro do proxecto gvSIG, polo que tamén se coñece como gvSIG.

Este proxecto foi inicialmente impulsado polo goberno rexional da Comunidade Valenciana de España, dentro dun proceso de migración a software libre de todos os sistemas informáticos da organización. Desde o ano 2010 a xestión e o mantemento do catálogo tecnolóxico gvSIG é levado a cabo pola Asociación gvSIG, unha asociación que engloba tanto entidades empresariais como non-empresariais.

gvSIG Desktop é un programa informático para o manexo de información xeográfica con precisión cartográfica que se distribúe baixo licencia GNU GPL v3. Permite acceder a información vectorial e rasterizada así como a servidores de mapas que cumpran a especificacións do OGC.

Programa de actividades

Nas xornadas terán lugar unha gran variedade de relatorios e talleres gratuítos, tanto para usuarios como para desenvolvedores.

Podedes acceder ao programa completo a través desta web.

Talleres

Mércores
Taller 1: ConvertGISEpanet – RunEpanetGIS – gvSIG. Ferramentas para o tratamento da información en redes de abastecemento de auga
Taller 2: gvSIG Desktop para principiantes
Taller 3: Análise de datos con gvSIG

Xoves
Taller 4: Introdución á programación en aplicacións xeoespaciais: de Python a Jython

Venres
Taller 5: Introdución a gvSIG Online
Taller 6: Teledetección térmica con gvSIG

Para os talleres gratuítos deberase realizar unha inscrición independente.

Tedes toda a información sobre os talleres nesta web.

Inscricións

Para poder asistir ás xornadas é necesario inscribirse previamente na web do evento.

A inscrición ás xornadas pódese facer neste formulario e a inscrición aos distintos talleres nesta web.

Organizadores

Escuela Técnica Superior de Ingeniería Geodésica, Cartográfica y Topográfica – UPV Valencia

Asociación gvSIG

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal