Venres, 13 Setembro 2019 | Sergio Fernández e Miguel R. Segade,

#15-Mancomún Podcast: Coñecendo a Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, ONG que migrou a software libre

Episodio 15

Hoxe, en Mancomún Podcast, vamos analizar un caso real de migración a software libre dunha ONG galega, como é Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, (ou ESF de forma abreviada).

Coñecendo a Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, ONG que migrou a software libre

Falamos con Sergio Fernández e Miguel R. Segade, para coñecer mellor a esta organización e entender como foi o proceso de migración que fixeron xa fai uns anos. E tamén para escoitar as súas impresións e consellos que nos podan dar á hora de meternos neste tipo de cambios nunha organización.

00:16 – Presentación
00:46 – Coñecendo aos entrevistados e a ESF Galicia
10:29 – Proceso de migración da ONG
25:43 – Despedida

Enlaces mencionandos no programa

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF)
https://galicia.isf.es/

Ingeniería Sin Fronteras
https://www.isf.es/

Boletín Oficial ESFeiro de setembro
https://galicia.isf.es/blog/boletin-oficial-esfeiro-setembro-2019/

Día do Software Libre
https://es.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_de_la_Libertad_de_Software

“Laboratorio de ideas sobre participación”
http://amigosdaterra.net/info/160415_adt/axenda/laboratorio-de-ideas-sobre-participacion/?fbclid=IwAR2uTWTzQOntbdyBPNaJnHbCJ6wZZsQYBjVaXSWUzLPJJIF18711-BRIKOQ

Curso online sobre Qgis, organizado pola federación de ONG
https://formacion.isf.es/curso/introduccion-los-sig-para-la-cooperacion-al-desarrollo/

As músicas usadas neste programa foron:
– Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY
– Efectos sonoros de Freesound

Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast

E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).
En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.
A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal