O sábado 9 de xullo, de 10.30 a 13.30 horas, terá lugar na Industriosa (r/ Barcelona 13, Vigo) a charla “101 Autoconsumo solar OffGrid e OnGrid desde 0”. Nesta charla dous dos socios da Industriosa, Quique e Hernán contarán o aprendido nos seus respectivos proxectos DIY de autoconsumo solar. Un OffGrid de 2.5Kw/h e outro OnGrid de 10Kw/h.

Describiremos os dous proxectos desde cero, explicando o aprendido en cada unha das fases:
– Paneis e orientación
– Deseño de baterías e químicas
– Selección de BMS
– Parámetros importantes a ter en conta
– Inverters Ongrid / Offgrid
– Onde comprar, prezos, foros e grupos de consulta
– O aprendido, erros cometidos, expectativas…

Evento patrocinado por Xunta de Galicia e Amtega Axencia para a Modernización Tecnolóxica.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This