Vamos ver un resumo das novas que nos chamaron a atención esta semana no Portal de Mancomún e un rápido repaso do vídeopodcast e boletín publicado.

Resumo en vídeo

Publicamos tamén unha nova entrega do boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas, onde o proxecto destacado é Docker Engine, unha solución de virtualización mediante contedores.

Recordade que estreamos onte o primeiro Faladoiro de Mancomún, charlas en formato vídeopodcast onde tanto as condutoras destas conversas, como as participantes, son mulleres relevantes no mundo tecnolóxico, e especialmente, mulleres en contacto con temas relacionados co software libre e a cultura libre.

Ata a próxima semana!

Pin It on Pinterest

Share This