O sábado 11 de maio, estivemos co micrófono e a gravadora na última edición do Coruña Hacks.
Podedes escoitar as entrevistas que fixemos a organizadores, participantes e patrocinadores para o noso podcast:

mancomun-podcast-02-logo

#02-Mancomún Podcast: Coruña Hacks

Coruña Hacks

Iniciativa impulsada por GPUL, Coruña Developers e Árticos, son unha serie de hackathons regulares nos que desenvolver proxectos baseados en software e hardware libre.
Pensado para as persoas con ganas de experimentar coas tecnoloxías, informáticos de todo tipo e tamén para persoas relacionadas co hardware libre e o mundo maker.

A xornada rematou cunha entrega de premios e foto de familia, cos adultos de Coruña Hacks e os rapaces de Coruña Minihacks.

foto de grupo

Proxectos e equipos dos adultos en Coruña Hacks

  • CoruñaTech, unha plataforma web común para todas as comunidades tecnolóxicas da Coruña (terceiro premio)
  • Subastas AEAT, monitorización das poxas publicadas pola Axencia Tributaria (segundo premio)
  • OpenSmartFitness, plataforma libre e aberta para controlar de xeito privado a información xerada por dispositivos que monitoricen a nosa actividade física (gañadores do Coruña Hacks)

Proxectos e equipos dos Minihacks

  • Sistema de votación no colexio para escoller a comida (galardón ao máis traballado)
  • Minixogos para concienciar sobre a necesidade de reciclar e ordenar, sobre o uso de papeleiras e a necesidade de colaborar nas tarefas da casa (premiado pola súa orixinalidade)
  • Videoxogo de animación para “castigar” a esas persoas que teñen can e non se fan cargo dos seus excrementos (distinción ao proxecto máis divertido)

coruña hacks

Colaboradores e patrocinadores

Coruña Hacks é unha iniciativa que conta co apoio do Concello da Coruña, a través de Coruña Dixital e tamén da área de Participación e Innovación Democrática, ademais do patrocinio de Corunet ou Empathy.co, entre outras.

Máis información
A información completa sobre os proxectos desenvolvidos e sobre a iniciativa CoruñaHacks, podes atopala nas ligazóns:
https://gitlab.com/corunahacks
https://corunahacks.gpul.org/

Pin It on Pinterest

Share This