Produtos
Anterior
  • GIMP

    GIMP (GNU Image Manipulation Program) é un programa para a edición de gráficos bitmap empregado habitualmente para retoque fotográfico, composición ou creación de imaxes....

    Máis información
  • Pidgin

    Pidgin é un cliente de mensaxería instantánea multiprotocolo, o que quere dicir que funciona cos protocolos de mensaxería máis comunmente usados, incluíndo: Yahoo! Messenger, MSN Mes...

    Máis información
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
  • GONG

    GONG (Gestión para ONGs) é un aplicativo para a xestión de ONGs de cooperación, é dicir, enfocada para ONGDs ( "D" de desenvolvemento)....

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 ...

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas
  • É o mesmo open source que software libre?

    Publicado por Mancomún
    Venres, 24 de Marzo de 2006

    Aínda que conceptualmente son diferentes, dende o punto de vista do usuario final, no que atinxe ás vantaxes de uso, podemos dicir que son o mesmo.

    A diferencia é a filosofía dos movementos que defenden cada un dos termos, aínda que tecnicamente e na práctica son compatíbeis. De feito, ambos movementos colaboran a cotío en diversos proxectos.

    O movemento a prol do  software libre  (free software) é máis filosófico e descansa na idea de liberdade e na ética. Para eles o acceso ao código fonte é un requisito para as liberdades de estudar e modificar o programa. Este termo en inglés presenta unha dobre interpretación (free: gratis e libre) que leva á idea errada de que o software libre debe ser gratis.

    O movemento open source é un movemento máis orientado cara á visión empresarial que centra o seu eixe no acceso ao código fonte como medio para a excelencia do software. Eliminan a ambigüedade do termo software libre aínda que introducen outra. Non todo o software que teña o código fonte dispoñible é open source, debe existir tamén a liberdade de modificalo e distribuílo. Hai empresas que para apuntarse á moda do open source permiten acceder ao código pero non permiten facer nada con el, nin distribuír as modificacións, nin comerciar con el...

    Para máis información sobre a controversia entre ambos termos ler as seguintes referencias:

    Why ``Free Software'' is better than ``Open Source''

    Why "Free" Software is too Ambiguous

    [Ler máis]
  • Qué é unha licenza de software?

    Publicado por Mancomún
    Venres, 24 de Marzo de 2006

    Do latín: licentia - Permiso para facer algo.

    Un software réxese por licenzas, é dicir, en ningún momento un usuario compra un programa ou se converte en propietario del, tan só adquire certos dereitos, aínda que pague por el.

    A licenza de software é un contrato, onde se especifica:

    • Cómo o autor lle cede parte dos seus dereitos ao usuario (copia, modificación, distribución, etc.)
    • En qué condicións o usuario pode utilizar o programa informático
    • O ámbito dos dereitos e obrigas asociados.

    Ademais, pode sinalar o prazo de duración, o territorio de aplicación e todas as demais cláusulas que o titular do dereito de autor estableza.

    A licenza, que pode ser gratuíta ou non, precisa os dereitos concedidos á persoa autorizada e os seus límites de:

    1. Uso
    2. Instalación
    3. Reprodución
    4. Modificación
    5. Copia do software

     

    [Ler máis]
  • Que é open source ou código aberto?

    Publicado por Mancomún
    Venres, 24 de Marzo de 2006

     

    Trátase de software distribuído cunha licenza que cumpre o seguinte decálogo:

     

    1. Libre redistribución: o software debe poder ser distribuído ou vendido libremente.

    2. Código fonte: o software debe incluír o código fonte ou polo menos poder obtelo a un custo razoábel, preferiblemente descargábel dende Internet sen cargo.

    3. Traballos derivados: a licenza debe permitir realizar modificacións e redistribuilas coa mesma licenza do software orixinal.

    4. Integridade do código fonte do autor: a licenza podería limitar que as modificacións se distribúan só como “parches” para aplicar durante a reconstrución do programa. Podería obrigar a que levasen un nome ou número de versión diferente á do software orixinal.

    5. Non discriminación a persoas ou grupos: a licenza non debe excluír a ningunha persoa ou grupo de persoas.

    6. Non discriminación de áreas de aplicación: a licenza non debe restrinxir o uso do programa en ningunha  área. Por exemplo, non deben restrinxirse os usos comerciais do programa.

    7. Distribución da Licenza: débense aplicar os mesmos dereitos a todos aqueles a quen se lles distribúa o programa.

    8. A licenza non debe ser específica dun produto: os dereitos unidos a un programa non deben depender de que forme parte ou non dun paquete de software particular.

    9. A licenza non debe restrinxir outro software: a licenza non debe impoñer restricións sobre o software distribuído co orixinal. Por exemplo, non debe insistir en que todos os programas distribuídos xunto co propio deban ser tamén open source.

    10. A licenza debe ser tecnoloxicamente neutral: a licenza non debe impoñer o uso de ningunha tecnoloxía ou estilo de interface concreto. Así, non debe obrigar á súa aceptación por medio dun clic de rato...

    Para coñecer máis, ler as seguintes referencias:

    Definición de Open Source da OSI.

    Definición da wikipedia.

    [Ler máis]
  • Extensión para visualizar ficheiros ODF (Open Document Format) dentro de Firefox

    Publicado por Mancomún
    Venres, 24 de Marzo de 2006

    ODFReader é unha simple extensión para o navegador Mozilla Firefox que permite visualizar o contido dos ficheiros OpenDocument (de momento solo .odt) dentro do propio navegador sen necesidade de ter instalado OpenOffice, Koffice ou calquera outra aplicación que traballe con este formato. Aínda que non mantén completamente o formato do documento, permite consultar dun xeito rápido o contido do mesmo.

    Esta extensión está diseñada para a versión 1.5+ do Firefox.

     

     

    Para instalar a extensión, necesitas descargar a mesma, gardala en disco. Entón, abrir o ficheiro no Firefox, dende o menú Ficheiro->Abrir Ficheiro. Unha vez instalada a extensión, hai que reiniciar o Firefox para que os cambios sexan efectuados correctamente.

    [Ler máis]

En profundidade

Wordpress: Solución para a creación de sitios web con Software Libre Máis información

Repositorio Documental FLOSS

Consulta a documentación no wiki de Mancomún

Máis información