Produtos
Anterior
  • GIMP

    GIMP (GNU Image Manipulation Program) é un programa para a edición de gráficos bitmap empregado habitualmente para retoque fotográfico, composición ou creación de imaxes....

    Máis información
  • Pidgin

    Pidgin é un cliente de mensaxería instantánea multiprotocolo, o que quere dicir que funciona cos protocolos de mensaxería máis comunmente usados, incluíndo: Yahoo! Messenger, MSN Mes...

    Máis información
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
  • GONG

    GONG (Gestión para ONGs) é un aplicativo para a xestión de ONGs de cooperación, é dicir, enfocada para ONGDs ( "D" de desenvolvemento)....

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 ...

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas
  • Wire aplicación de comunicacións seguras anuncia a súa próxima apertura de código

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 1 de Marzo de 2017

    Logotipo WireAs novas en relación a temas de seguridade e confidencialidade nas comunicacións remotas por Internet están a ser unha norma xeral nestes últimos tempos.

    Desta volta tócalle a Wire, unha aplicación de comunicación punto a punto en tempo real que recentemente anunciou os resultados da auditoría de seguridade que o seu código ben de superar. Os resultados da mesma, levada a cabo de xeito independente polas compañías especializadas Kudelski Security e X41 D-Sec, deixan en bo lugar a aplicación Wire e en particular ao seu protocolo de cifrado punto a punto Proteus, baseado inicialmente en Signal.

    Wire é unha das mellores opcións para o que busca un canal de comunicacións seguro e capaz de ser usado en calquera sistema operativo e móbil como software de mensaxes sincronizados Trátase dun aplicativo que pode ser executado no navegador web pero que tamén está dispoñible para móbil e escritorio.

    [Ler máis]
  • Google libera software de cifrado punto a punto para correo electrónico

    Publicado por Mancomún
    Martes, 28 de Febreiro de 2017

    Logotipo E2EMAILEste pasado 24 de Febreiro Google anunciou que E2EMail, un sistema de cifrado end-to-end experimental, liberase como código aberto baixo a licenza Apache License 2.0 para a comunidade de desenvolvedores.

    O anuncio feito polos enxeñeiros de Google KB Sriram, Eduardo Vela Nava e Stephan Somogyi entendese como parte dos esforzos de este xigante de tecnolóxico na investigación da seguridade punto a punto.

    E maila que Google insiste en salientar que E2EMail non é un produto oficial de Google, grazas aos esforzos dos seus enxeñeiros de seguridade, é agora un “proxecto de código aberto totalmente volto para a comunidade” e no que os enxeñeiros de Google “están ansiosos de para traballar xunto coa comunidade para integrar E2EMail co servidor Transparent Key,”.

    [Ler máis]
  • Entrega dos premios Sharing and Reuse da Comisión Europea

    Publicado por Mancomún
    Luns, 27 de Febreiro de 2017

    O Centro de Trasnferencia Tecnolóxica do Goberno de España recorda as datas da cerimonia de entrega dos premios Sharing and Reuse será o videiro 29 de Marzo en Lisboa.

    O obxectivo dos premios do concurso Sharing & Reusing da Comisión Europea é aumentar a conciencia sobre os beneficios da repartición e reutilización de solucións de TIC no sector público.

    Un total de 100.000 € en premios, serán outorgados ás autoridades públicas que alcanzasen beneficios a través da posta en común de solucións de TIC e que amosen o maior potencial de reutilización en Europa.

    [Ler máis]
  • A cidade letona de Ventspils leva apostando polo Software Libre dende o ano 2009

    Publicado por Mancomún
    Venres, 24 de Febreiro de 2017

    Logo VentspilsEsta cidade, a sexta máis grande de Letonia, leva apostando polo software libre dende o ano 2009, como medio de optimizar os recursos e racionalizar o gasto público.

    Durante estes anos foi reemprazando diversas solucións de software privativo por alternativas de software libre que non só lles permitiron racionalizar o gasto senón que teñen un maior control sobre os seus sistemas, en palabras do director do departamento de informática da cidade: "Implantamos ferramentas de xestión de software libre, que nos permiten xestionar un sistema complexo cun departamento relativamente pequeno en canto a persoal."

    A estratexia de software libre está agora totalmente interiorizada por todos os grupos políticos. "O gran reto é cambiar os hábitos cando introduces un novo sistema de correo electrónico ou a solución ofimática", di o director, "Porén, co tempo, todo o mundo se acaba acostumando".

    [Ler máis]

En profundidade

Wordpress: Solución para a creación de sitios web con Software Libre Máis información

Repositorio Documental FLOSS

Consulta a documentación no wiki de Mancomún

Máis información