Produtos
Anterior
  • GIMP

    GIMP (GNU Image Manipulation Program) é un programa para a edición de gráficos bitmap empregado habitualmente para retoque fotográfico, composición ou creación de imaxes....

    Máis información
  • Pidgin

    Pidgin é un cliente de mensaxería instantánea multiprotocolo, o que quere dicir que funciona cos protocolos de mensaxería máis comunmente usados, incluíndo: Yahoo! Messenger, MSN Mes...

    Máis información
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
  • GONG

    GONG (Gestión para ONGs) é un aplicativo para a xestión de ONGs de cooperación, é dicir, enfocada para ONGDs ( "D" de desenvolvemento)....

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 ...

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas
  • Entrega dos premios Sharing and Reuse da Comisión Europea

    Publicado por Mancomún
    Luns, 27 de Febreiro de 2017

    O Centro de Trasnferencia Tecnolóxica do Goberno de España recorda as datas da cerimonia de entrega dos premios Sharing and Reuse será o videiro 29 de Marzo en Lisboa.

    O obxectivo dos premios do concurso Sharing & Reusing da Comisión Europea é aumentar a conciencia sobre os beneficios da repartición e reutilización de solucións de TIC no sector público.

    Un total de 100.000 € en premios, serán outorgados ás autoridades públicas que alcanzasen beneficios a través da posta en común de solucións de TIC e que amosen o maior potencial de reutilización en Europa.

    [Ler máis]
  • A cidade letona de Ventspils leva apostando polo Software Libre dende o ano 2009

    Publicado por Mancomún
    Venres, 24 de Febreiro de 2017

    Logo VentspilsEsta cidade, a sexta máis grande de Letonia, leva apostando polo software libre dende o ano 2009, como medio de optimizar os recursos e racionalizar o gasto público.

    Durante estes anos foi reemprazando diversas solucións de software privativo por alternativas de software libre que non só lles permitiron racionalizar o gasto senón que teñen un maior control sobre os seus sistemas, en palabras do director do departamento de informática da cidade: "Implantamos ferramentas de xestión de software libre, que nos permiten xestionar un sistema complexo cun departamento relativamente pequeno en canto a persoal."

    A estratexia de software libre está agora totalmente interiorizada por todos os grupos políticos. "O gran reto é cambiar os hábitos cando introduces un novo sistema de correo electrónico ou a solución ofimática", di o director, "Porén, co tempo, todo o mundo se acaba acostumando".

    [Ler máis]
  • O CNTG acollerá no segundo semestre varios cursos de formación sobre tecnoloxías de Software Libre

    Publicado por Mancomún
    Venres, 24 de Febreiro de 2017

    Logo CNTGO Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) vén de abrir o prazo de inscrición de varios cursos correspondentes a segundo semestre da programación 2016/2017, entre os que se atopan varios sobre tecnoloxías de Software Libre:

    •  Automatización de infraestruturas IT con Chef, 16 prazas en edición única (desempregados/as e ocupados/as) de mañá.
    • Desenvolvemento web fullstack con CEAN (Couchbase, Express, Angular e Node), 16 prazas en edición única (desempregados/as e ocupados/as) de mañá.
    • Despregue de aplicacións con Docker, 16 prazas en edición prioritaria para desempregados/as de mañá.
    • Automatización de infraestruturas IT con Chef, 16 prazas en edición única (desempregados/as e ocupados/as) de tarde.
    • Desenvolvemento web fullstack con CEAN (Couchbase, Express, Angular e Node), 16 prazas en edición prioritaria para ocupados/as de tarde.
    • Despregue de aplicacións con Docker, 16 prazas en edición prioritaria para ocupados/as de tarde

    Pódese consultar as fichas completas dos cursos así como facer a inscrición nos mesmos a través desta ligazón.

    [Ler máis]
  • Botan a andar os GPUL Labs na súa edición de 2017

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 23 de Febreiro de 2017

    Logo GPUL LabsDespois da boa acollida que tiveron na súa estrea o ano pasado, o GPUL volve a lanzar de novo os seus GPUL Labs, unha actividade que ten por obxectivo xuntar a desenvolvedores e membros da comunidade maker para aprender novas tecnoloxías e realizar proxectos de Software Libre.

     

    O pasado ano máis de 450 asistentes pasaron por as diferentes actividades que compuxeron a edición de 2016, entre charlas e 2 hackathons, nos que xurdiron ata 10 proxectos diferentes e contouse con 3 patrocinadores internacionais e ata 8 empresas colaboradoras.

    [Ler máis]

En profundidade

Wordpress: Solución para a creación de sitios web con Software Libre Máis información

Repositorio Documental FLOSS

Consulta a documentación no wiki de Mancomún

Máis información