Produtos
Anterior
  • GIMP

    GIMP (GNU Image Manipulation Program) é un programa para a edición de gráficos bitmap empregado habitualmente para retoque fotográfico, composición ou creación de imaxes....

    Máis información
  • Pidgin

    Pidgin é un cliente de mensaxería instantánea multiprotocolo, o que quere dicir que funciona cos protocolos de mensaxería máis comunmente usados, incluíndo: Yahoo! Messenger, MSN Mes...

    Máis información
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
  • GONG

    GONG (Gestión para ONGs) é un aplicativo para a xestión de ONGs de cooperación, é dicir, enfocada para ONGDs ( "D" de desenvolvemento)....

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 ...

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas
  • Botan a andar os GPUL Labs na súa edición de 2017

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 23 de Febreiro de 2017

    Logo GPUL LabsDespois da boa acollida que tiveron na súa estrea o ano pasado, o GPUL volve a lanzar de novo os seus GPUL Labs, unha actividade que ten por obxectivo xuntar a desenvolvedores e membros da comunidade maker para aprender novas tecnoloxías e realizar proxectos de Software Libre.

     

    O pasado ano máis de 450 asistentes pasaron por as diferentes actividades que compuxeron a edición de 2016, entre charlas e 2 hackathons, nos que xurdiron ata 10 proxectos diferentes e contouse con 3 patrocinadores internacionais e ata 8 empresas colaboradoras.

    [Ler máis]
  • Construe, o interprete de electrocardiogramas más preciso do mundo

    Publicado por Mancomún
    Venres, 10 de Febreiro de 2017

    Construe constitúe un "novo método para a interpretación de sinais electrocardiográficas baseado nun modelo de razoamento distinto, ao que se coñece como razoamento abductivo", é libre baixo os termos da licencia GNU GPLv3 e é considerado o método máis fiable e robusto ata a data.

    No corazón dunha persoa son xerados diariamente preto de 100.000 batidas, o que dá unha idea da inmensa cantidade de datos que deben ser xestionados nos próximos anos no ámbito da e-Saúde, coincidindo coa chegada de novas estratexias de seguimento en casa que vai fomentar novos sensores de baixo custo coñecidos como wearables (reloxos, camisetas intelixentes, etc). A monitorización automática as 24 horas en pacientes con riscos permitiría detectar anomalías en tempo real. Isto hoxe é completamente inviable pola análise manual necesaria polo especialista.

    [Ler máis]
  • Hacktahon For Refugees

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 9 de Febreiro de 2017

    A fin de semana do 4 de Marzo, na sede do Impact Hub Vigo terá lugar a segunda edición do Hacktahon For Refugees. Esta iniciativa quere repetir o éxito acadado pola cita orixinal do xuño do pasado ano celebrada no coworking Sende de Lobeira (Ourense).

    Esta nova edición do Hacktahon for Refugees vén da man da asociación Agile Galicia que manteñen a colaboración co Impact Hub-María Regueira e Sende-Edo Sadikovic, que foron os impulsores da primeira edición do hackathon.

    A idea do Hacktahon For Refugees é a de focalizar os esforzos para que os distintos participantes acaden o modo de achegar ideas que dean resposta ás necesidades dos refuxiados e das organizacións que os axudan. Polo tanto, trátase de construír un ambiente de debate e intercambio de ideas no que permitan desenvolver solucións prácticas a problemas reais.

     

    [Ler máis]
  • Publicado o Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas deste mes de Febreiro

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 8 de Febreiro de 2017

    Xa está publicado o número 31 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de Febreiro.

    Logo GogsO proxecto destacado deste mes é Gogs, unha alternativa de software libre á coñecida plataforma GitHub. Este proxecto está sendo empregado polo Concello de A Coruña, como forxa para almacenar toda a documentación xerada dentro do proceso de creación do Laboratorio cidadá desta cidade, o CoLab.

    No apartado de novas destaca a publicación como software libre do software do portal de datos abertos da cidade de Málaga, ou a aposta pola priorización de software con licenza libre da Universidade de Oviedo.

    [Ler máis]

En profundidade

Wordpress: Solución para a creación de sitios web con Software Libre Máis información

Repositorio Documental FLOSS

Consulta a documentación no wiki de Mancomún

Máis información