Mancomún

  • Xercode implanta a súa solución libre baseada en KOHA na Universidade de Cádiz

    Publicado por Mancomún
    Martes, 22 de Novembro de 2016

    A biblioteca da Universidade de Cádiz estrea software libre, grazas á socia de Agasol Xercode Servizos Documentáis

    Este mes de novembro activouse na Biblioteca UCA o novo sistema de xestión KOHA, de código fonte aberto con varios cambios visuais e de funcionalidades na páxina web da área de Biblioteca e Arquivo.

    [Ler máis]
  • Curso de ventas en internet con Prestashop

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 17 de Novembro de 2016

    CDTIC virtual

    O vindeiro mércores 30 de novembro a Amtega organizar na Aula CeMIT do Centro Cívico de Eirís na Coruña un curso de venta en internet a través da aplicación aberta Prestashop.

    Prestashop é unha solución de código aberto amplamente implementada en todo o mundo, cunha gran comunidade de desenvolvedores profesionais e freelance e moita información abertamente dispoñible na rede, en todos os idiomas. A diferenza dos desenvolvementos personalizados, Prestashop ofrece métodos e ferramentas moi coñecidos por multitude de empresas, que poden iniciar ou retomar un desenvolvemento ecommerce en calquera momento.

    [Ler máis]
  • Xornada software e cultura libre 2016 no Concello de Mugardos

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 16 de Novembro de 2016

    O concello de Mugardos xunto coa Asociación Comunidade O Zulo celebrará en Mugardos o 19 de Novembro de 2016 a Xornada de Software e Cultura Libre, un evento libre e gratuito organizado gracias ao convenio de colaboración asinado este mes de Outubro.

    O obxectivo da xornada e achegar a tecnoloxía a tódalas franxas de idades, dende os máis pequenos ata maiores. Radio, fotografía, electrónica e tecnoloxías web estarán presentes durante toda xornada en Mugardos.  

    [Ler máis]
  • O parlamento de Navarra fai publica a súa resolución para o Plan de Migración a Software Libre

    Publicado por Mancomún
    Martes, 15 de Novembro de 2016

    O pasado día 10 de novembro fíxose pública no boletín oficial do Parlamento de Navarra a resolución debatida e aprobada o pasado 28 de Outubro no mesmo parlamento de elaborar un Plan de migración da Administración Foral de Navarra ao Software Libre.

    A publicación da resolución fíxose a través do boletín oficial, no apartado de resolucións, no punto 14º:

    “El Parlamento de Navarra insta al Gobierno de Navarra, a través de la dirección General de Informática, telecomunicaciones e Innovación Pública, a que, en el plazo de un año, elabore un Plan de migración de la Administración Foral al Software Libre”.

    A resolución, aprobada pola maioría dos grupos políticos do parlamento navarro, foi tamén celebrada esta mesma mañá no portal do observatorio europeo Joinup.

    [Ler máis]
  • Charla de introducción a Git do GPUL

    Publicado por Mancomún
    Martes, 15 de Novembro de 2016

    GPULO GPUL adicará a tarde do vindeiro Mércores día 16 de Novembro a impartir unha charla de introdución a Git, o máis completo dos sistemas de control de versións, que ademais é Software Libre e na que os asistentes poderán aprender os conceptos básicos sobre esta popular ferramenta de control de versións empregada para a xestión do código en proxectos tan importantes como o Kernel de Linux, Gnome, KDE e PostgreSQL. 

     

    [Ler máis]
  • I Semana da Cultura Libre en Santiago de Compostela

    Publicado por Mancomún
    Luns, 14 de Novembro de 2016

    Este semana arranca en Santiago de Compostela a I Semana da Cultura Libre na cidade de Santiago de Compostela. A actividade está organizada polo Grupo de Cultura Libre de Matadoiro Compostela e participan Mediación Cultural Matadoiro Compostela, MatadoiroTV e GPUL Santiago.

    [Ler máis]
  • Alfresco, nova aplicación dispoñible no CDTIC Virtual

    Publicado por Mancomún
    Venres, 11 de Novembro de 2016
    • Dende esta semana as persoas ou empresas interesadas poderán probar este xestor documental e coñecer as súas características a través do CDTIC Virtual
    • Para acceder a este servizo só é preciso rexistrarse como profesional ou empresa na web do CDTIC

    Logo AlfrescoO Centro Demostrador TIC da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) amplía a oferta de aplicacións libres no seu servizo de CDTIC Virtual coa incorporación do sistema de xestión documental Alfresco.

    Esta solución de software libre vén a cubrir esa necesidade que teñen tanto as pequenas como as grandes empresas de atopar axiña a información que precisan sobre o seu negocio. Un xestor documental axuda a mellorar a produtividade na empresa sendo unha ferramenta capaz de centralizar e controlar o fluxo da documentación.

    [Ler máis]
  • O goberno de Madrid da de alta o seu portal Decide Madrid no Centro de Transferencia de Tecnoloxía

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 10 de Novembro de 2016

    Logo ConsulO goberno de Madrid incorpora o seu portal de goberno aberto, Decide Madrid, como ferramenta de software libre no catálogo do Centro de Transferencia de Tecnoloxía (CTT), con fin de que poida servir como solución reutilizable para outras administracións públicas coas mesmas necesidades.

    Este portal, que está baseado na ferramenta Consul, permite levar a cabo tres tipos de procesos: Propostas cidadás, audiencia pública e presupostos participativos. A cidadanía, en función de si está empadroada ou non (xa que a ferramenta permite conectarse co sistema de padrón municipal) terá acceso a distintas funcionalidades.

    [Ler máis]
  • O CDTIC acolle unha nova sesión demostradora sobre a solución de software libre Alfresco

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 9 de Novembro de 2016

    Este xoves 10 de Novembro, o CDTIC acolle nas súas instalacións en Santiago de Compostela unha nova sesión demostradora, da man da empresa Queres Tecnologías, na que se amosará as vantaxes de Alfresco como ferramenta de xestión documental.

    Sesión Alfresco no CDTIC

    A xornada leva por título “A xestión documental na peme con Alfresco”, e impartirase en horario de tarde, dende as 17:00 ata as 19:00 horas, co seguinte programa:

    • Que é a xestión documental? Que a chega á miña empresa?
    • Principais necesidades que cómpre resolver
    • Demostración: Alfresco Share - colaboración e interface
    • Casos de éxito con empresas e organismos
    • Preguntas e respostas
    [Ler máis]
  • A OSHWDem celebra a súa edición de 2016 con cifras de récord

    Publicado por Mancomún
    Martes, 8 de Novembro de 2016

    Logo OSHWDemEste pasado fin de semana celebrouse a edición 2016 da OSHWDem, organizada por BricoLabs e coa colaboración da Asociación GHANDALF. Esta é xa a quinta edición desta feira con filosofía de BarCamp sobre electrónica e Open Source Hardware.

    Segundo podemos ver no resume da mesma, este ano batéronse tódolos récords en canto a participación e público asistente. Estas son algunhas das cifras:

    • Un total de 2150 asistentes
    • 43 proxectos diferentes expostos na feira
    • makerspaces de toda Galicia: Recuncho Maker, Makers Lugo, Pontemaker, Clou Wars, Tropa Korriban…
    • máis de 100 makers na exposición contando a todo o persoal dos distintos proxectos e charlas
    [Ler máis]
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia