Mancomún

  • Construe, o interprete de electrocardiogramas más preciso do mundo

    Publicado por Mancomún
    Venres, 10 de Febreiro de 2017

    Construe constitúe un "novo método para a interpretación de sinais electrocardiográficas baseado nun modelo de razoamento distinto, ao que se coñece como razoamento abductivo", é libre baixo os termos da licencia GNU GPLv3 e é considerado o método máis fiable e robusto ata a data.

    No corazón dunha persoa son xerados diariamente preto de 100.000 batidas, o que dá unha idea da inmensa cantidade de datos que deben ser xestionados nos próximos anos no ámbito da e-Saúde, coincidindo coa chegada de novas estratexias de seguimento en casa que vai fomentar novos sensores de baixo custo coñecidos como wearables (reloxos, camisetas intelixentes, etc). A monitorización automática as 24 horas en pacientes con riscos permitiría detectar anomalías en tempo real. Isto hoxe é completamente inviable pola análise manual necesaria polo especialista.

    [Ler máis]
  • Novo artigo tecnolóxico adicado á solución LibreOffice, un paquete de ofimática de Software Libre

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 1 de Febreiro de 2017

    Logo LibreOfficeHoxe publicamos un novo artigo na sección de Artigos Tecnolóxicos, orientados a mostrar solucións de Software Libre que poidan ser de interese para as empresas. Neste caso falamos de LibreOffice, o xa bastante coñecido paquete de ofimática.

    Ademais de presentar a solución como tal, contamos coa colaboración de Librebit, unha empresa galega que ofrece servizos sobre esta ferramenta e que mesmo está certificada pola The Document Foundation, a entidade que desenvolve LibreOffice. Falamos con eles para que nos conten máis sobre esta solución.

    Dende o outro punto de vista, falamos tamén cunha empresa que implantou esta solución, Gadiex, unha empresa galega que está en proceso de migrar parte dos seus sistemas a software libre e que confiou en LibreOffice como ferramenta de ofimática.

    [Ler máis]
  • O certificado raíz da FNMT xa está incluído en Firefox

    Publicado por Mancomún
    Martes, 31 de Xaneiro de 2017

    Logotipo de Mozilla firefoxO pasado mes de agosto o anunciabamos, hoxe xa é un feito. Mozilla Firefox 51 convertese no primeiro navegador web libre con soporte para a autoridade certificadora dixital da FNMT dándolle vantaxe de uso nos portais web da administración española.

    Esta nova convertese nun fito para a administración pública electrónica española xa que simplifica toda a xestión dixital coa mesma. Esta versión de Mozilla Firefox está dispoñible para a súa descarga dende a pasada semana.

    A inclusión do certificado raíz da FNMT na base de datos de certificados de Mozilla Firefox habilita o acceso completo e plenamente fiable a os servizos web seguros expedidos pola FNMT sen necesidade de facer ningunha instalación manual dun certificado raíz da mesma.

    Deste xeito completase o camiño iniciado o pasado 26 de Mayo del 2008 coa petición formal de engadir o certificado da Fabrica Moneda e Timbre no navegador Mozilla Firefox. Dende Mancomún queremos dar os parabéns a todas aquelas persoas e organizacións que traballaron en prol deste feito.

    [Ler máis]
  • Sharing and Reusing 2017

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 26 de Xaneiro de 2017

    O evento Sharing and Reusing 2017 (fonte orixinal da nova) está organizado baixo os auspicios do Programa ISA daUnidade da Dirección Xeral da Informática (DIGIT) da Comisión Europea e reunirá representantes do goberno, os involucrados na execución de políticas e toma de decisións, profesionais, xestores de TI e desenvolvedores do sector privado ofrecendo solucións de TI para a administración pública.

    A modernización da Administración pública a través da posta en común e reutilización de solucións de TI será o tema principal do evento (programa completo). Os participantes van discutir como a repartición e reutilización de solucións de software de código aberto pode permitir que as administracións públicas locais, rexionais, nacionais e europeas entregar mellores servizos electrónicos aos cidadáns a un custo reducido, promovendo ao mesmo tempo a interoperabilidade, a normalización e a cooperación entre eles. O evento outorga a posibilidade de compartir e discutir as mellores prácticas relacionadas coa posta en común e reutilización de solucións de TI (software e servizos) a nivel político e práctico.

    [Ler máis]
  • Presentación do novo logotipo de Mozilla

    Publicado por Mancomún
    Martes, 24 de Xaneiro de 2017

    Novo logotipo de Mozilla 

    A Mozilla Foundation, fundación sen fins lucrativos dedicada á creación de software libre para a internet a través do proxecto de código aberto Mozilla Application Suite, está a actualizar a súa identidade de marca usando os principios de código aberto Mozilla.

    A particularidade do feito é o modo de proceder xa que estase a facer do cambio un proceso totalmente aberto no que calquera pode participar.

    O proceso iniciado fai cousa de sete meses chega a súa fase cume. “Despois de miles de correos, centos de reunións, decenas de conceptos e tres roldas de investigación, temos algo que compartir”, comenta Tim Murray no anuncio da publicación.

    [Ler máis]
  • FSF actualiza as prioridades do Software Libre

    Publicado por Mancomún
    Martes, 24 de Xaneiro de 2017

    Logotipo Free Software FoundationA Free Software Foundation (FSF) anunciou a actualización da listaxe de prioridades para o desenvolvemento de proxectos de Software Libre (HPP).

    Na listaxe HPP destacan proxectos de gran importancia estratéxica para a meta da liberdade para todos os usuarios. Unha comisión de activistas de Software Libre, creada en 2014, foi a que dedicou á recollida de feedback da comunidade de Software Libre durante máis dun ano para a elaboración de esta última revisión da listaxe.

    [Ler máis]
  • Actualización do LibreCAD

    Publicado por Mancomún
    Venres, 20 de Xaneiro de 2017

    LibreCAD a aplicación Software Libre de deseño asistido por computadora (CAD) para deseño 2D. Xa dispón da actualización 2.1.3

    LibreCAD funciona nos sistemas operativos GNU/Linux, Mac OS X, e Microsoft Windows. Foi desenvolvido a partir dun fork de QCad Community Edition. O desenvolvemento de LibreCAD está baseado nas bibliotecas Qt4, podendo ser executado en varias plataformas de xeito idéntica.

    Boa parte da interface e dos conceptos de uso son similares aos de AutoCAD, facendo o uso de este máis próximo para usuarios con experiencia en ese tipo de programas CAD. Tamén recientemente, na versión 2.0.8, foi incluída de forma experimental o soporte para lectura de arquivos en formato DWG de AutoCAD.

    [Ler máis]
  • Publicado o código fonte do portal de datos abertos da cidade de Málaga

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 19 de Xaneiro de 2017

    O portal de datos abertos da Cidade de Málaga, lanzado en agosto de 2013, foi publicado para atender os obxectivos de cumprir as directivas sobre reutilización de datos do sector público e o deber de compartir información útil e estruturada para os cidadáns e empresas.

    [Ler máis]
  • Contribuíse a localización ao idioma galego en Gogs

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 18 de Xaneiro de 2017

    Gogs, o clon libre de Github feito na linguaxe de programación Go, xa dispón de internacionalización a idioma galego. A localización do software foi contribuída por David A. Lareo, activo hacker galego moi ligado á cultura libre e a xestión aberta do coñecemento (EduCaaS, FricolaB), e está incorporada ao proxecto dende o pasado 24 de decembro.

    Gogs é un clon Github, do mesmo xeito que o pode ser Gitlab. O obxectivo de Gogs é facer doada a creación dun servizo de Git auto-hospedado de xeito clónico a Github. O software está desenvolvido en Go, a linguaxe de programación desenvolvido por Google, e ten a vantaxe de que pódese facer unha distribución binaria independente de todas as plataformas soportadas polo software, incluíndo Linux, Mac OS X, Windows e ARM.

    [Ler máis]
  • I Congreso María Pita DefCon

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 12 de Xaneiro de 2017

    I María Pita DefConA Facultade de Informática da UDC acollerá a partir do 6 de marzo o I Congreso María Pita DefCon, que reunirá ao máis selecto do panorama da seguridade informática, coa asistencia estimada de máis de 500 interesados. Ademais o congreso conta cun marcado compromiso coa visibilidade e integración da muller no ámbito das TIC, como así o reflicten na propia descrición do congreso, un “evento sobre seguridade informática e visibilización da muller no ámbito da ciberseguridade” 

    [Ler máis]
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia