Xornadas sobre gvSIG no Campus Universitario de Ourense

Publicado por Mancomún
Mércores, 12 de Abril de 2017

A Asociación gvSIG, a maior rede de profesionais en xeometría libre, convídanos a asistires o vindeiro venres 21 de abril as Xornadas sobre gvSIG. As xornadas terán lugar no campus universitario de Ourense. O obxetivo destas xornadas é dar a coñecer gvSIG a través de relatorios e obradoiros prácticos.

Na actualidade gvSIG converteuse nunha completa suite que permite abordar calquera necesidade relacionada coa xeomática. Esta xornada formulase como un encontro onde os estudantes, técnicos, usuarios, investigadores e a propia comunidade SIG en xeral poidan seguir e coñece as últimas novidade de gvSIG.

A xornada, que tenrá lugar o venres 21 de abril de 2017 a partires das 10:00, estruturarase como segue:

Venres pola mañan:

  • Inauguración da Xornada

  • Xeolocalizando as tecnoloxías da información: oportunidades que ofrece a xeomática para a modernización da xestión.

  • gvSIG Suite: solucións na xeomática libre para mobilidade, infraestruturas de datos espaciais e SIG corporativo.

  • Casos de éxito e solucións sectoriais.

Venres pola tarde:

  • Taller 1a: Introdución a gvSIG Desktop (2 horas)

  • Taller 1b: Introdución al scripting con gvSIG (2 horas)

  • Taller 2a: gvSIG aplicado a catastro y urbanismo (1 hora)

  • Taller 2b: Introdución a la xeoestatística con gvSIG (1 hora)

Se estás interesado na asistencia podes rexistrar a túa participación de balde en web do asociación.

social bookmark now:
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia