Wire aplicación de comunicacións seguras anuncia a súa próxima apertura de código

Publicado por Mancomún
Mércores, 1 de Marzo de 2017

Logotipo WireAs novas en relación a temas de seguridade e confidencialidade nas comunicacións remotas por Internet están a ser unha norma xeral nestes últimos tempos.

Desta volta tócalle a Wire, unha aplicación de comunicación punto a punto en tempo real que recentemente anunciou os resultados da auditoría de seguridade que o seu código ben de superar. Os resultados da mesma, levada a cabo de xeito independente polas compañías especializadas Kudelski Security e X41 D-Sec, deixan en bo lugar a aplicación Wire e en particular ao seu protocolo de cifrado punto a punto Proteus, baseado inicialmente en Signal.

Wire é unha das mellores opcións para o que busca un canal de comunicacións seguro e capaz de ser usado en calquera sistema operativo e móbil como software de mensaxes sincronizados Trátase dun aplicativo que pode ser executado no navegador web pero que tamén está dispoñible para móbil e escritorio.

Kudelski Security e X41 D-Sec publicaron a auditoría criptografía a que foi sometida Wire e os resultados amosaron que Wire ofrece unha “alta seguridade, grazas a seus protocolos e algoritmos criptográficos, as prácticas de enxeñaría de software empregadas e a mitigación de riscos derivados de erros software”.

Maís importante se cadra, é o anuncio que acompañou a publicación destes resultados xa que viron acompañados da confirmación de que o código da parte servidora da aplicación tamén será liberada como código aberto a finais do presente trimestre. Non en vano, a parte máis importante, a implementación do cifrado, é dicir, as interfaces dos cliente e varios compoñentes criptográficos xa estaban liberados dende o ano pasado en GitHub baixo a licenza GPLv3. Tras a liberación do código do servidor, será factible a construción e execución dun servizo particular en servidores propios e poida que no futuro póidase tamén establecer federacións con outros servidores.

social bookmark now:
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia