SuSE Expert Days Santiago 16 marzo

Publicado por Mancomún
Mércores, 15 de Marzo de 2017

SuSE Expert Days

Facéndonos eco da publicación feita en AGASOL, o programa internacional SuSE Expert Days de xornadas arredor do sistema operativo SuSE, chega este xoves 16de Marzo a Santiago.

SuSE está a percorrer cidades de países de América, Europa, África e Rusia, dando a coñecer as súas últimas propostas baseadas en solucións de código aberto para servidores, computación na nube, Docker, e moito máis no que denominan SuSE Expert Days.

Dentro desta xira mundial, recalan en España, en concreto mañá, 16 de marzo en Santiago de Compostela, despois de estar o 14 de febreiro en Madrid e o 16 de febreiro en Barcelona.

Se estás interesado en coñecer máis o que propón SuSE, a empresa máis veterana dedicada a Linux e o código aberto, en canto a sistemas operativos empresariais e para servidores baseados en GNU/Linux como é SuSE Linux Enterprise Sever, e outras solucións como SuSE Manager, SuSE OpenStack Cloud, SuSE Enterprise Storage, non te perdas a cita.

Que son os SuSE Expert Days?

Son eventos dun día de duración con charlas técnicas e demostracións dos seus produtos, que ofrecen aos profesionais das tecnoloxías información sobre as ferramentas que desenvolven e que lles poden ser útiles para desenvolverse no seu día a día nos seus data centers.

A axenda das xornada será a seguinte:

09:00 - 09:30 Café benvida

09:30 - 09:45 Presentación dos SuSE Expert Days

09:45 - 10:00 Colexio profesional de enxeñaría en informática de Galicia

10:00 - 10:30 Ecosistema de software libre en Galicia (AGASOL)

10:30 - 11:30 Transformación dixital. SUSE: Estratexia e futuro

11:30 - 11:45 Café

11:45 - 12:20 Software-defined Data Center. Cara o novo centro de datos: OpenStack, CloudFoundry, Ceph e Contenedores

12:20 - 12:50 Transformación dixital: Sistemas de Misión Crítica: SAP, ZeroDowntime e HA con demos de LivePatching, full system rollback e MS SQLServer en HA

12:50 - 13:40 DevOps: Arquitectura, estratexia e modelo. Developer tools, SLES for Raspberry Pi e Containers as a Service Platform: MicroOS+Docker+Kubernetes

13:40 - 14:20 SUSE OpenStack Cloud. Integración de OpenStack con Kubernetes e Docker, HA e non-disruptive update con demo

14:20 - 14:30 Preguntas

14:30 - 15:30 Comida

Máis detalle dos eventos, links de rexistro, horarios, e lugares nos que se celebrarán poderalo atopar na propia web do evento

social bookmark now:
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia