Seminario Ansible organizado polo CNTG

Publicado por Mancomún
Martes, 14 de Marzo de 2017

CNTG

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Economía, Emprego e Industria, organiza o próximo día 24 de marzo de 2017, de 16:30 a 20:30 horas un seminario sobre Ansible de Red Hat.

Ansible é unha tecnoloxía de automatización simple e sen axentes que nos permite mellorar os procesos actuais e proporcionar unha única linguaxe para a práctica de DevOps en toda a organización. É unha solución en código aberto de Red Hat coa que podemos orquestrar o despregamento de servizos en toda a nosa infraestrutura de tecnoloxía da información (TI), xa sexa para xestión de configuracións, aprovisionamento de recursos, despregamento automático de aplicacións e moitas outras tarefas de TI, dunha forma limpa e sinxela.

Ansible e o complemento perfecto para solucións de infraestrutura TI como virtualización, OpenStack, OpenShift, Docker, Satellite ou Cloudforms, entre outras.

A axenda de contidos a tratar será a seguinte:

  • Novos retos, novas necesidades.

  • Orquestrar con Ansible.

  • Demostración con Ansible Tower.

  • Preguntas.

O relator será Pio Puig Soler, instrutor oficial de Red Hat para RHCi e RHCX desde 2009 e consultor Red Hat en Edustance by EssiProjects: certificacións RHCE e RHCV.

O acceso ao seminario, previa inscrición que se realizará en liña a través do portal web do CNTG, é gratuíto e condicionado ao aforamento do local. O acceso para aquelas persoas NON inscritas estará condicionado á existencia de prazas libres o día de celebración do evento.

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 23 de marzo. Pode inscribirse no evento a través desta ligazón: https://cntg.xunta.es/web/cnt/acontecementos

social bookmark now:
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia