PyDay Galicia 2017 chama á participación

Publicado por Mancomún
Mércores, 26 de Abril de 2017

O PyDay é un evento organizado polas comunidades locais de Python ao longo de todo o mundo. Celebrándose de xeito simultáneo, aquí en Galicia e desde o grupo de Python Vigo, tras unha primeira edición exitosa con moi boa acollida, o PyDay Galicia celébrarase na súa segunda edición o 10 de Xuño de 2017 nas instalacións do museo MARCO, en Vigo.

O PyDay é un evento no que as comunidades locais de desenvolvedores Python pretenden dar maior visibilidade a esta linguaxe de programación. Durante a duración do evento estes grupos locais de desenvolvedores coordinan os seus esforzos para dar a coñecer Python a través de charlas, talleres e meetups totalmente de balde, fomentando así a difusión de coñecemento e a promoción da cultura tecnolóxica.

O evento está na súa fase aceptación de charlas e participantes polo que os interesados en colaborar dun modo máis activo están convidados a mandar a súas propostas.

Como novidade nesta edición, contaremos con dúas pistas de conferencias, para todos os niveis, e obradoiros para tódalas idades sobre diversas tecnoloxías.

PyDay galicia 2017 - Call for papers: https://pyday2017.python-vigo.es/gl/

Este chamamento chega tamén acompañado do anuncio da creación en Vigo do agregador dos diferentes meetups tecnolóxicos da cidade: Vigotech Alliance no que participan as dez asociacións máis activas de desenvolvedores e técnicos TI da cidade:

  • Agile Vigo: https://www.agilevigo.com/

  • Codesign Project: http://www.meetup.com/es-ES/codesign-project/

  • GDG Vigo: http://www.meetup.com/GDGVigo

  • Grupo de Usuarios de Joomla de Vigo: https://www.meetup.com/Grupo-de-Usuarios-de-Joomla-de-Vigo/

  • JavaScript Vigo: http://www.meetup.com/es-ES/JavaScriptVigo/

  • PHPVigo: http://www.phpvigo.com/

  • PythonVigo: http://www.python-vigo.es/

  • SysAdmin Galicia: http://www.meetup.com/es-ES/Sysadmin-Galicia/

  • VigoJUG: http://www.vigojug.org/

  • VigoLabs: http://vigolabs.gal/

social bookmark now:
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia