Publicado o Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas deste mes de Marzo

Publicado por Mancomún
Martes, 7 de Marzo de 2017

Logo Apache SolrXa está publicado o número 32 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de Marzo.

O proxecto destacado deste mes é Apache Solr, unha plataforma de buscas baseada en Apache Lucene, que funcionan como un motor. As súas principais características son as buscas de texto completo, resaltado de resultados, clustering dinámico e manexo de documentos de texto enriquecido. Está sendo empregado na maioría dos sitios máis grandes na Internet, e no caso das administracións públicas, no boletín destacamos o uso do Concello de Zaragoza no seu portal de datos abertos.

No apartado de novas este mes destacamos varias actividades orientadas á formación sobre tecnoloxías de software libre, como os cursos do Centro de Novas Tecnoloxías de Galica (CNTG) ou os GPUL Labs, que volven tras o éxito do ano pasado a cargo da Asociación GPUL, e coa colaboración da AMTEGA.

Boletín de reutilización de Software Libre

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

social bookmark now:
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia