Publicado o Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas deste mes de Febreiro

Publicado por Mancomún
Mércores, 8 de Febreiro de 2017

Xa está publicado o número 31 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de Febreiro.

Logo GogsO proxecto destacado deste mes é Gogs, unha alternativa de software libre á coñecida plataforma GitHub. Este proxecto está sendo empregado polo Concello de A Coruña, como forxa para almacenar toda a documentación xerada dentro do proceso de creación do Laboratorio cidadá desta cidade, o CoLab.

No apartado de novas destaca a publicación como software libre do software do portal de datos abertos da cidade de Málaga, ou a aposta pola priorización de software con licenza libre da Universidade de Oviedo.

Boletín de reutilización de Software Libre

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

social bookmark now:
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia