Publicación da RC de MiniNo Queiles

Publicado por Mancomún
Martes, 2 de Maio de 2017

GALPon fixo onte o anuncio público da liberación en fase de release candidate de MiniNo 3.0, bautizada como Queiles. GALPon MiniNo é unha distribución de GNU/Linux creada para executarse en equipos con poucos recursos hardware ou obsoletos de ata 10 ou 12 años de antigüidade.

A imaxe e o ficheiro de comprobación Md5, podédela descargar de minino.galpon.org/ISO ou no apartado Outras versións en minino.galpon.org/es/descargas

Tendo en conta que as máquinas obxectivo desta distribución adoitan ser bastante vellas é cotiá que teñamos temor á perda de datos por ser o disco tamén moi vello; para paliar este eventual problema esta distro xa trae preisntalado Cronopete. Cronopete é un programa moi sinxelo para realizar copias de seguridade do noso cartafol persoal, é un programa semellante a Time Machine de Mac e ten unha interface moi simple.

Esta publicación forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2017 da Xunta de Galicia.

Imprevistos durante o proceso de actualización

O equipo de GALPon destacou as complicacións e imprevistos polos que pasou para acadar este fito. Como eles mesmos manifestan na sua publicación, durante esta mesma fase de liberación tiveron que lidiar moitos imprevistos que foron dilatando a data de liberación por mor da cantidade de problemas especialmente coa reprodución de vídeos de Youtube no navegador Midori.

Tamén xurdiron problemas na ferramenta usada para compilar a ISO (procedente de remastersys) pola súa incompatibilidade co novo núcleo, polo que tamén o equipo de GALPon viuse na obriga de recorrer ás ferramentas de Refracta. Isto implicou modificacións e reescribir o instalador de Refracta.

Chamada á colaboración

Dende GALPon lembrase a limitación actual do equipo sendo actualmente só 2 persoas as que se estçan a adicar a MiniNo e PicarOS. Por esa racón, GALPon está aberto a calquera forma de axuda e colaboración para manter estes proxecto.

Tamén se recorda dende a organización que, para axudar a corrixir fallos, manteñen un foro específico no que se atenden todos os problemas que puidésense atopar en esta fase de lanzamento previo de Minino.

social bookmark now:
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia