Presentación do novo logotipo de Mozilla

Publicado por Mancomún
Martes, 24 de Xaneiro de 2017

Novo logotipo de Mozilla 

A Mozilla Foundation, fundación sen fins lucrativos dedicada á creación de software libre para a internet a través do proxecto de código aberto Mozilla Application Suite, está a actualizar a súa identidade de marca usando os principios de código aberto Mozilla.

A particularidade do feito é o modo de proceder xa que estase a facer do cambio un proceso totalmente aberto no que calquera pode participar.

O proceso iniciado fai cousa de sete meses chega a súa fase cume. “Despois de miles de correos, centos de reunións, decenas de conceptos e tres roldas de investigación, temos algo que compartir”, comenta Tim Murray no anuncio da publicación.

O obxectivo deste proxecto é facer máis clara a mensaxe e a misión de Mozilla para canta máis xente se poida. “Queremos ser coñecidos como os campións a Internet saudable” engade Tim Murray. “Un Internet onde todos somos libres para explorar e descubrir, crear e innovar sen barreiras ou limitacións. Onde o poder está en mans de moitos, non realizada por poucos. Un Internet onde a nosa seguridade, seguridade e identidade son respectados” engade no mesma mensaxe.

A Mozilla Foundation busca que a súa identidade de marca sexa unha sinal inequívoca de que se cree no se se fai e que se aposta por garantir que Internet sexa un recurso público global saudable, aberto e accesible a todos.

O anuncio faise á vez que se comparte o novo logotipo e unha paleta de cores proposta, así como a arquitectura da linguaxe de comunicación e a formulación de imaxes. A intención é a de permanecer fiel á intención de manter involucrada co proxecto a comunidade da tecnoloxía en todo este proceso de deseño aberto,

O novo logotipo

O novo logotipo co asentado na linguaxe URL reforza que Internet é o cerne de Mozilla. Compromete a intención orixinal de manter unha experiencia non filtrada, sen mediación para un enriquecemento do contido de Internet.

A fonte usada nomease Zilla, e maila que a fonte foi creada por Typotheque para este proxecto especificamente, trátase tamén dunha fonte libre e aberta para todos. A evocación do estilo Courier é un guino final ao compromiso de participar de conversas sobre cuestións clave da saúde Internet.  

social bookmark now:
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia