Open365: Edición ofimática na nube baseada en software libre

Publicado por Mancomun
Martes, 7 de Xuño de 2016

Logotipo de eyeOSA pasada edición da Akademy-es 2016 celebrada en Madrid serviu, entre outros temas, para presentar, o que os seus desenvolderes definen como a primeira suite ofimática libre baseada no concepto cloud. Trátase de Open365 unha solución baseada netamente en software libre que foi lanzada o pasado mes como servizo beta coa aspiración de ser competencia aberta de Microsoft Office 365 e Google Docs.

Open365 é unha demostración da potencia que pode acadar un servizo baseado en produtos netamente de código aberto, do sinxelo que pode ser crear grandes aplicacións combinando grandes proxectos libres. Nesta ocasión, Open365 combina tecnoloxías libres amplamente coñecidas como o entorno de escritorio KDE, o almacén de arquivos en cloud Seafile, a suite ofimática Libre Office, a plataforma de videoconferencias Jitsi e, finalmente, Docker como solución de automatización de despregue e distribución.  

O proxecto foi introducido polo desenvolvedor de orixe catalá Alex Fiestas quen liderou o desenvolvemento de Open365 feito polo seu equipo de traballo dentro de eyeOS.

Polo momento, o acceso a Open365 está restrinxido a acceso beta e proporciona un límite de 2GB de almacenamento aínda que este límite é moi probable que mude de cara á posta en produción final. Así e todo, existe a posibilidade de crear nós mesmos a nosa propia nube privada xa que todo o código en ferramentas de instalación están dispoñibles dende o repositorio do proxecto en Github.

Captura dunha sesión de Open365

O que persegue Open365 é proporcionar todo aquelo que se necesita para traballar de forma sincronizada dende calquera PC. Deste xeito con Open365 pódese:

  • Crear documentos online cunha suite ofimática da potencia de LibreOffice: textos, follas de cálculo e mesmo, presentacións, etc
  • Ter un xestor de correo, contactos, notas, calendario, listas de tarefas
  • Acceder e sincronizar os teus documentos entre todos os dispositivos persoais.
  • Compartir documentos con membros do teu equipo o comparar distintas versións dun mesmo documento.

Open365 tamén recibiu recentemente boas críticas dende o blog persoal de Pau Garcia-Milà. Pau foi o propio creador da compañía eyeOS en 2005 coa idade de 17 anos nomeado Innovador do Ano no 2011 pola publicación do MIT TR-35 e gañador do premio IMPULSA Empresa 2010. A idea orixinal de Pau e o seu equipo era acadar a virtualización dun entorno de escritorio completo dentro da propia web. Este proxecto, moi novidoso para a época, disparou o interese de grandes compañías e fondos de inversión que viron a potencialidade deste proxecto nun momento no que o concepto de servizos na nube aínda non se empezara a definir nitidamente. A súa aventura en eyeOS remataría nove anos despois, en xaneiro de 2014, coa venta de eyeOS a Telefónica, actual propietaria da compañía. O mesmo Pau, agora como persoa allea ao proxecto, define a Open365 como “o mellor de eyeOS” e amósase feliz ao ver que “Telefónica cumpriu a sua palabra e seguiu investindo en poder alcanzar algún día un produto como o que hoxe estase a presentar” con 30.000 usuarios usando o escritorio virtual nas primeiras horas trala súa publicación.

social bookmark now:
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia