Obradoiro de Microsoft Xamarin organizado pola CNTG

Publicado por Mancomún
Mércores, 12 de Abril de 2017

Logotipo CNTGO CNTG ofrece obradoiro dirixido especialmente a programadores, desenvolvedores e directores técnicos que desexen aprender sobre Xamarin e os beneficios para a creación de aplicacións multiplataforma.

Nunha época de cambios na que as tecnoloxías están a evolucionar exponencialmente, cada vez con máis diversidade de dispositivos, modelos de interacción cos usuarios, pasando de arquitecturas e tecnoloxías tradicionais a arquitecturas baseadas no Big Data, a nube, mobilidade, e un longo etcétera.

Neste panorama Microsoft Xamarin xorde como unha solucións e rápida orientada a dar resposta áxil e máis abaratar os custos desta.

O obradoiro amosará como o uso de Microsoft Xamarin, xunto coas vantaxes achegadas ao integralo con Microsoft Azure, permítenos desenvolver aplicacións móbiles altamente escalables e orientadas ao uso masivo por parte dos/as usuarios/as finais, dunha forma rápida e sinxela.

Neste sentido, Microsoft Xamarin proporciónanos unha contorna, plenamente integrada en Microsoft Visual Studio, para o desenvolvemento de aplicacións móbiles multiplataforma con C#/.Net, o que nos permitirá que un único desenvolvemento sexa distribuído a múltiples dispositivos.

Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Economía, Emprego e Industria, os próximos días 18 e 19 de abril de 2017, en horario de 10:30 a 13:30 horas.

O acceso ao seminario, previa inscrición que se realizará en liña a través do portal web do CNTG, é gratuíto e condicionado ao aforamento do local. O acceso para aquelas persoas NON inscritas estará condicionado á existencia de prazas libres o día de celebración do evento.

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 17 de abril. Pode inscribirse no evento a través desta ligazón: https://cntg.xunta.es/web/cnt/acontecimientos

Fonte orixinal.

social bookmark now:
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia