Obradoiro de edición de audio con software libre

Publicado por Mancomún
Venres, 19 de Maio de 2017

Cartel do obradoiroMañá sábado 20 de Maio no Centro Sociocultural de Caramoniña a asociación Xeopesca realizará un obradoiro de iniciación á edición de audio, que se desenvolverá n horario de mañá e tarde, de 10:30 a 14:00 e de 15:30 a 19:00.

O curso é de carácter gratuíto sendo preciso incribirse previamente a través do correspondente formulario de inscrición.

Dende a organización indican que é preciso levar un portátil co seu cargador e uns cascos ou auriculares. Así mesmo cómpre levar instaladas as útlimas versións de Audacity e VLC . Ademais tamén se pode levar calquera trebello de grabación de son, por se se quere resolver dúbiidas ou compartir coñecementos cos demais.

Que se aprenderá no obradoiro?

  • Como realizar correctamente unha grabación con sofware libre.
  • Como editar as grabacións con Audacity
  • Conversión e importación entre os diferentes formatos de audio.
  • Agregar efectos ao son.

Que prácticas se realizarán para fudamentar a aprendizaxe?

  • Gravación con diferentes dispositivos en diferentes situacións acústicas
  • Nivelación e ecualización dos equipos
  • Prácticas de edición e montaxe dun programa con músicas e recursos sonoros.

Esta actividade forma parte das actividades que a asociación Xeopesca realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2017 da Xunta de Galicia.

social bookmark now:
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia