Obradoiro Arduino do MakersLugo

Publicado por Mancomún
Martes, 18 de Abril de 2017

MakersLugo, organizador do Arduino Day 2017 na cidade de Lugo o pasado día 1 de Abril, anuncia un novo evento en formato obradoiro enfocado a iniciación no mundo Arduino.

Con esta iniciativa MakersLugo quere aproveitar o tirón acadado trala celebración do Arduino Day 2017 e dar resposta a todos aqueles que están a demandar obradoiros de formación en actividades relaccionadas con o mundo maker.

O taller organizado por MakersLugo terá lugar o vindeiro sábado 6 de maio pola maña (de 10.30 a 13.30)  no CEI-Nodus. Tratarase dunha primeira toma de contacto para contextualizar as bondades da tecnoloxía Arduino e enfocar os pasos a seguir na iniciación no mundo maker.

O enfoque de MakersLugo é facer unha sesión sobre todo práctica, para aprender a posta a punto do entorno de desenrolo do Arduino, presentando conceptos como os das entradas e saídas, pulsadores e leds. Conceptos e compoñentes básicos de electrónica mínima.

A asistencia a este obradoiro é de balde mais o cota de asistentes está moi limitada polo que aconsellamos que todo aquel interesado póñase en contacto con MakersLugo para confirmar a súa participación na mesma web de MakersLugo onde tamén están todos os detalles acerca do curso: Formulario de inscripción



Sobre Arduino

Arduino é unha plataforma de hardware e software libre, baseada nunha placa cun microcontrolador e un contorno de desenvolvemento (IDE), deseñada para facilitar o uso da electrónica en proxectos multidisciplinares.

Ao ser open-hardware, tanto o seu deseño como a súa distribución é libre. É dicir, pode utilizarse libremente para o desenvolvemento de calquera tipo de proxecto sen adquirir ningunha licenza.

Nos últimos anos, Arduino estendeu o seu obxectivo orixinal converténdose nun dinamizador da industria global de electrónica e do movemento Maker.

social bookmark now:
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia