O certificado raíz da FNMT xa está incluído en Firefox

Publicado por Mancomún
Martes, 31 de Xaneiro de 2017

Logotipo de Mozilla firefoxO pasado mes de agosto o anunciabamos, hoxe xa é un feito. Mozilla Firefox 51 convertese no primeiro navegador web libre con soporte para a autoridade certificadora dixital da FNMT dándolle vantaxe de uso nos portais web da administración española.

Esta nova convertese nun fito para a administración pública electrónica española xa que simplifica toda a xestión dixital coa mesma. Esta versión de Mozilla Firefox está dispoñible para a súa descarga dende a pasada semana.

A inclusión do certificado raíz da FNMT na base de datos de certificados de Mozilla Firefox habilita o acceso completo e plenamente fiable a os servizos web seguros expedidos pola FNMT sen necesidade de facer ningunha instalación manual dun certificado raíz da mesma.

Deste xeito completase o camiño iniciado o pasado 26 de Mayo del 2008 coa petición formal de engadir o certificado da Fabrica Moneda e Timbre no navegador Mozilla Firefox. Dende Mancomún queremos dar os parabéns a todas aquelas persoas e organizacións que traballaron en prol deste feito.

social bookmark now:
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia