Novo artigo tecnolóxico sobre o caso de éxito de OpenESB na Xunta de Galicia

Publicado por Mancomún
Mércores, 24 de Febreiro de 2016

Logo de OpenESBHai uns días publicamos na sección de Artigos Tecnolóxicos un caso de éxito de uso de OpenESB na Xunta de Galicia.

Neste artigo, ademais de mostrar o caso de éxito e como se está a empregar esta solución de software libre na Xunta de Galicia, entrevistamos a:

  • Paul Perez, cabeza visible da comunidade internacional de software libre que desenvolve OpenESB.
  • Alejandro Casas, Xerente de proxectos de Traballo e Emprego na Área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais da AMTEGA, quen é o responsable do proxecto de integración de OpenESB na Xunta de Galicia.

OpenESB é unha ferramenta que fai posible que haxa unha comunicación entre as diferentes aplicacións que forman parte da lóxica de negocio dunha empresa ou entidade de xeito que cando se fai unha operación nunha delas, se poida transmitir unha mensaxe con certa información que outra aplicación recollerá e procesará. A implementación de OpenESB na Xunta de Galicia localízase na Xerencia de Traballo e Emprego, e permite a comunicación entre os diferentes sistemas de emprego, facilitando a integración entre diferentes aplicacións.

 

social bookmark now:
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia