Nova versión de PicarOS 2017

Publicado por Mancomún
Mércores, 3 de Maio de 2017

PicarOS é unha distribución multipropósito, enfocada principalmente á educación e como distro lúdica para usar na casa, a idade recomendada é de 3 a 12 anos.

Esta nova versión presenta a actualización de paquetes de moitos dos paquetes xa preexistentes na anterior entrega como son o caso dos navegadores Firefox e Chrome, as utilidades Openshot, Kataluga, Katalekto, Kiwix, Scratch2 e moitas outras máis.

Ademais das actualizacións, incorpora novos programas e funcionalidades como son Kdenlive para edición avanzada de vídeo, Huaryra Compartir para a distribución de arquivos en redes locais, controladores para as tabletas Wacom, un completo conxunto de ferramentas para edición de imaxines, ferramentas de xestión de arquivos do sistema e un kernel actualizado á versión 4.6.1

Tamén esta nova versión trae arranxos e axustes en varios programas da anterior edición como son o copiado ao portapapeis dende unha captura de pantalla, axustes no convertedor de imaxes, engádense canles españois en Freetux, solucionase a incompatibilidade entre Openshot e Kdelive, arranxos no descargador de Youtube e máis en Filetea, axustes en Opensankoré para que admita unha webcam de visor de documentos e configuración para non ter problemas coas importacións/exportacións e moitos máis.

A listaxe completa de actualizacións e novas funcionalidades podédela atopar na propia nota dende publicación feita dende GALPon.

Esta publicación forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2017 da Xunta de Galicia. Xunto co patrocinio de LibreBit

social bookmark now:
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia