Nova guía GNOME para novos colaboradores

Publicado por Mancomún
Venres, 21 de Abril de 2017

Logotipo de GNOMEA través de Lignux.com coñecemos a nova de que GNOME recentemente actualizou a súa guía para novos colaboradores.

A nova guía busca un enfoque práctico e describe o camiño natural máis doado para comenzar a contribuír na comunidade: Escoller un proxecto no que se queira colaborar; aprender a construír o proxecto a partires das fontes de código; identificar un problema ou tarefa na que se desexe traballar e finalmente contribuír o traballo á comunidade.

A simplificación da guía permite acercar un pouco máis o proxecto a futuros colaboradores no xeito que facilita a acercamento como contribuínte activo dentro do proxecto mesmo.

A guía, presentada como unha sinxela guía de catro pasos, tamén achega unha serie de recomendacións básicas de conduta para manter o bo ambiente da comunidade:

  • Ser paciente. Pode levar moito tempo antes de que un contribuínte poda axudar. Incídese no uso de mensaxes en abertos como a canle de IRC #newcomer para resolver as dúbidas dos novos participantes.

  • Respecto. A comunidade GNOME vese como unha gran familia de todo tipo de culturas e orixes. Buscan unha comunidade segura e cómoda para todos.

  • Dispoñer de iniciativa. Os colaboradores de GNOME atopan e deciden traballar en tarefas por conta propia.

Galicia no proxecto GNOME

No marco galego, é de obrigada mención o traballo feito pola asociación Trasno no Grupo de tradución de GNOME ao galego que é o responsable do gran traballo de tradución para manter o nivel de tradución da interface de GNOME ao galego no 100%.

Se tes interese en axudar a facer GNOME mellor podes involucrarte na comunidade de GNOME para axudar a mellorar este software ou mesmo na comunidade de Gnome en galego.

social bookmark now:
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia