GPUL Labs 2017

Publicado por Mancomún
Xoves, 9 de Marzo de 2017

GPUL Labs 2017O Grupo de Programadores e Usuarios de Linux afincados na Facultade de Informática da UDC da Coruña continua coa labor de difusión de formación en tecnoloxía e cultura libre. Dentro de esta labor, anuncian que tras o gran impacto que tiveron o ano pasado, decidiron repetir cunha segunda edición dos GPUL Labs.

Como eles mesmos entenden “o noso obxectivo é crear unha enorme e activa comunidade de Software Libre en Galicia e non imos parar ata conseguilo”. Para isto os GPUL Labs naceron o ano pasado co obxectivo de xuntar a desenvolvedores e membros da comunidade maker para aprender novas tecnoloxías e realizar proxectos reais de software íntegramente con Software Libre, contribuíndo a comunidade e adquirindo experiencia ao mesmo tempo.

O evento foi un rotundo éxito durante os 3 meses que durou, nun total de 11 charlas sobre algunhas das máis modernas tecnoloxías libres impartidas por poñentes das máis punteiras empresas e asociacións do entorno galego así como nos 2 hackathons realizados dos que xurdiron máis de 10 proxectos diferentes.

A repercusión dos GPUL Labs estendeuse por todo o territorio autonómico contando con máis de 450 asistentes, 3 sponsors internacionais e 8 empresas colaboradoras.

Esta actividade realizase ao abeiro do convenio de colaboración entre as Asociacións de Usuarios de Software Libre e a AMTEGA para a difusión do software libre en Galicia.



GPUL Labs 2017

GPUL Labs 2017 consistirá de novo en unha serie de talleres, charlas e hackathons temáticos e sempre relacionados coas máis punteiras tecnoloxías libres e impartidas por poñentes de recoñecido prestixio.

Arduino, Git, React.js, Tensorflow ou Android son só algunha das temáticas que teremos nos Labs e que están totalmente abertas a propostas de novas temáticas que se poden realizar a través do seguinte repositorio github.com/gpul-labs/labs2017

Por suposto todas as actividades van ser grabadas en vídeo e posteriormente subidas á web para que ninguén se quede sen asistir as mesmas.

Como novidade este ano non só se vai realizar as actividades na Facultade de Informática da Coruña senón que tamén terase algunha no centro das cidades da Coruña e Santiago co obxectivo de chegar a un maior público.

Pódese atopar máis información sobre os GPUL Labs na web labs.gpul.org

social bookmark now:
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia