Éxito da segunda edición dos GPUL Labs

Publicado por Mancomún
Venres, 14 de Abril de 2017

Logotipo GPUL LabsComo xa ven sabemos, os GPUL Labs son unha serie de obradoiros, charlas, e hackathons centrados nas máis punteiras tecnoloxías, sempre Software Libre, e impartidas por poñentes de recoñecido prestixio a nivel galego.

Se xa a edición do ano pasado dos GLUL Labs fora exitosa, a actual está a ser incluso mellor, con cheo total ata o momento en tódalas actividades e un total de uns 160 asistentes nas 4 charlas que se desenvolveron ata o momento.

Tamén está a ser un éxito na cantidade de charlas propostas e na súa calidade, tendo actualmente pechadas unha actividade semanal ata a última semana do mes de Xuño e contando con poñentes de gran nivel como Rafa Bermúdez, CTO do Grupo Aluman, Carlos Sánchez membro da Apache Foundation e poñente en múltiples eventos internacionais ou Oscar Miguel Bandín CTO de Diariomotor entre outros moitos.

Dende o GPUL incídese en que todas as actividades son gratuitas e realizanse maioritariamente na cidade da Coruña aínda que este ano tamén se ten previsto que cando menos 3 de elas se leven a cabo en Santiago co obxectivo de espallar a filosofía do software libre por outras cidades.

Pódese atopar máis información sobre os GPUL Labs na web labs.gpul.org.

social bookmark now:
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia